Grinderman é unha banda formada por Nick Cave (voces, guitarra eléctrica, órgano, piano), Warren Ellis (bouzouki eléctrico, Mandocastor, violín, viola, guitarra acústica, voces), Martyn P. Casey (baixo, guitarra acústica, coros) e Jim Sclavunos (batería, percusión, coros). O grupo formouse no ano 2006 e todos os seus membros estiveron tamén na banda de post-punk Nick Cave and the Bad Seeds. O seu álbum de estrea, Grinderman, apareceu no ano 2007, e a este seguiuno Grinderman 2, editado o 13 de setembro do 2010.
Discografía Grinderman - 2007 (ANTI-/Mute Records) Grinderman 2 - 2010 (ANTI-/Mute Records)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Perfil en Facebook
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de Londres