Carlos Pellicer Vázquez, nado na Coruña o 12 de abril de 1944, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Liceo de Monelos, club no que militou ata o verán de 1963, cando fichou polo Fabril. Disputou unha soa tempada co club fabrilista, incorporándose a continuación ao Deportivo da Coruña.
Debutou co Deportivo na tempada 1964–65 en Primeira División, sendo os adestradores do equipo coruñés Juan Otxoantezana primeiro e Luis Carniglia despois. Ao remate do campionato o equipo descendeu a Segunda División, retornando a tempada seguinte a Primeira División. Na tempada 1966–67 descendeu novamente a Segunda División.
Na tempada 1967–68 fichou polo FC Barcelona, adestrado por Salvador Artigas. Na súa estadía no conxunto catalán (3 campañas), lograría unha Copa do Rei na súa primeira tempada, así como participar na Copa de Feiras e na Recopa de Europa. Aínda así, nunca tivo un papel importante no equipo barcelonés, sendo un xogador de segundo plano. A súa tempada con máis participacións foi a 1968–69, nas que Pellicer xogou en 11 partidos e logrou os seus únicos 2 goles como blaugrana.
Na tempada 1970–71 foi contratado polo Valencia CF, co que conseguiu a liga esa campaña e participar na Copa de Feiras. No conxunto valencianista estivo tres tempadas, participando en 40 partidos e anotando 7 goles.
Na tempada 1973–74 fichou polo Levante UD, en Segunda División. Logo de participar tan só en 5 partidos, o conxunto levantino descendeu a Terceira División ao remate do campionato.
Palmarés Deportivo Segunda división (1): 1965–66
Barcelona Copa do Xeneralísimo (1): 1967–68
Valencia Primeira división (1): 1970–71
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Liceo de Monelos Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Levante UD