Eugenio Carlos Lobón Cervia, nado en 1951 en Valladolid e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2008Axis, Revista del Ilustre Colegio Oficial de Médicos de Valladolid, febreiro de 2009, p.11, foi un médico e político español, alcalde do concello de Abadín.
Traxectoria
Médico endócrino, foi destinado na súa primeira praza como doutor á localidade de Abadín. Alí foi concelleiro e nas primeiras eleccións democráticas, Lobón foi elixido alcalde en representación da Unión de Centro Democrático, pero dimitiu un ano despois, e foi substituído polo seu compañeiro centrista Pedro Fernández Carreiras. Posteriormente foi destinado fóra de Abadín, e dende a década dos oitenta ata o remate da súa carreira profesional exerceu na cidade de Valladolid, onde chegou a acadar postos directivos no colexio de médicos desa provincia.
Recoñecementos Fillo adoptivo do concello de Tordehumos (Valladolid), a título póstumoEl municipio rinde homenaje póstumo a Carlos Lobón , M.G. Marbán, El Día de Valladolid', 18/10/2009..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Abadín
Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Abadín Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2008
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes