Calicore (ou en grego Καλλιχόρη), tamén coñecida coma , é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal .IAUC 8089: Satellites of Jupiter 7 de marzo do 2003 (descubrimento)MPEC 2003-E29: S/2003 J 9, 2003 J 10, 2003 J 11, 2003 J 12; S/2003 J 1, 2003 J 6 3 de abril do 2003 (descubrimento e efemérides)

Calicore ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,112 millóns de kms, tarda 717,806 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (164° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2042. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, segundo algúns autores, Calicore era unha Nisíade, unha das ninfas que coidaron de Dioniso e segundo outros autores era unha das Musas, e coma tal filla de Zeus.IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Categoría:Lúas de Xúpiter