Herse (ou en grego Ἕρση), tamén coñecida coma Xúpiter L, e anteriormente coñecida coa designación provisional , é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta o 8 de febreiro do ano 2003 polos astrónomos Brett J. Gladman, John J. Kavelaars, Jean-Marc Petit, e Lynne Allen.Daniel W. E. Green, IAUC 8116: Satellites of Jupiter and Saturn 11 de abril do 2003 (descubrimento)Brian G. Marsden, MPEC 2003-G19: S/2003 J 17 3 de abril do 2003 (descubrimento e efemérides) Recibiu o nome de Herse ('rexio'), na mitoloxía grega era filla de Zeus e da deusa lunar Selene.Jennifer S. Blue, L Named Herse , 9 de novembro do 2009
Herse ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,134 millóns de kms, tarda 672,752 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica , e posúe unha excentricidade orbital de 0,2493.Planetary Satellite Mean Orbital Parameters, JPL Herse pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Categoría:Lúas de Xúpiter