Thomas Cowperthwait Eakins, nado o 25 de xullo de 1844 e finado o 25 de xuño de 1916, foi un importante pintor, escultor, profesor e fotógrafo dos Estados Unidos.
Traxectoria Ao longo de toda súas carreira Eakins traballou nun estilo realista, tendo o ser humano como centro temático. Pintou centenares de retratos, que en conxunto dan un panorama da vida intelectual da Filadelfia do seu tempo, e illados son penetrantes visións sobre os individuos. Como profesor foi un nome altamente respectado e moi influente no circuíto das artes norteamericanas, a pesar de escándalos persoais prexudicaren un logro máis amplo.
Na fotografía foi un innovador, usando abordaxes ousadas para a súa época. Hoxe é considerado o máis importante realista dos Estados Unidos de finais do século XIX e comezos do XX.
Véxase tamén Os xogadores de xadrez Ligazóns externas 148 works by Thomas Eakins
Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa