A banda de Ovidio é unha serie de animación para a televisión producida polo estudio canadense CinéGroupe en asociación co belga Odec Kid Cartoons, os personaxes creounos e deseñounos Bernard Godi en cooperación co artista e animador belga Nic BrocqueLambiek.net. A serie emitiuse orixinalmente en Télévision de Radio-Canada na tempada 1987-1988. En Galicia emitiuna a TVG en 1987, e en Panda Club en 1997. Sinopse A serie ten como protagonista a Ovidio, un ornitorrinco que vive nunha illa tropical dos mares do sur, onde lle acontecen un mundo de aventuras coa súa banda de amigos, Ventrucho que é o seu curmán, Guá, o tucano, e Polo, un simpático lagarto. Mais tamén ten que facer fronte aos malevos da illa, Zozo, un tucano de peteiro irisado, e Pi a pitón.

Notas

Categoría:Debuxos animados