miniatura|Ramiro Carregal, á dereita, entregando o Premio en oncoloxía Ramiro Carregal-La Rosaleda a Mariano Barbacid, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo. Ramiro Carregal Rey, nado o 12 de maio de 1927 en Vilagarcía de Arousa, é un empresario galego, propietario da conserveira FRINSA.

Traxectoria Estudou contabilidade en Vilagarcía e en 1944 entra en Metalúrgica del Noroeste, unha empresa con sede nesa vila, dirixida polo marqués de Revilla e que se dedicaba á produción de estaño e volframio. Con esa empresa marchou ao estranxeiro para xestionar a instalación de minas nas colonias africanas, primeiro en Portugal, e logo en Bélxica e Francia. De aí marchou a Bolivia, onde a empresa chega a un acordo co ditador Hugo Bánzer para a explotación de minas de estaño en 1967.

Despois de diversos problemas co goberno boliviano, marchou a España, onde en 1964, e coa colaboración do armador bilbaíno Ramón Vizcaíno, montará unha planta de frío industrial en Ribeira, chamada Frigoríficos del Noroeste (FRINSA). A fábrica convértese nunha peza da cadea de produción da conserva, ao permitir que se mantivese a produción ao longo do ano. Chega a un acordo cun grupo de embarcacións de Bermeo para dedicarse á conxelación de atún. Posteriormente instalou unha planta de conxelación nas Palmas para mercar a produción da frota cefalopodeira galega e seguidamente unha planta de procesado e conxelación da carne de balea en Ribeira (1979), pero esta liña de produción só dura seis anos, ata que España asinou a moratoria da caza de baleas que entrou en vigor en 1985.

A mediados da década dos noventa pasa ao sector da venda directa de conserva, distribuíndolle produtos sen marca a grandes superficies comerciais, para as que procesan 400.000 kg de atún e 4 millóns de latas ao díaRamiro Carregal Rey, presidente de la conservera Frinsa Noroeste: "Procesamos 400 toneladas de atún y fabricamos 4 millones de latas cada día", Faro de Vigo .

Galardóns Medalla de Prata de Galicia en 2005.

Notas

Véxase tamén

Carregal Carregal Carregal Categoría:Nados en 1927