Chuecatown é un filme cómico español dirixido por Juan Flahn.
Argumento
Leo (Pepón Nieto) e Rey (Carlos Fuentes) son unha parella gai de osos que viven no barrio madrileño de Chueca. Por outra banda, Víctor (Pablo Puyol) é o dono dunha inmobiliaria que pretende remodelar todo o barrio, e para conseguilo intentará asasinar a todas as vellas da zona para logo conseguir os seus pisos.
Víctor crúzase na vida da parella protagonista ao matar á súa veciña, da que resulta que Rey é o seu herdeiro. Intenta mercarlle o piso, pero Rey quere destinalo para que o ocupe a súa nai, Antonia (Concha Velasco), que odia a Leo e que ao ocupar a vivenda intentará separar por todos os medios a parella. Víctor aproveita este distanciamento para acercarse a Leo e deste xeito conseguir acceder libremente ao inmoble intentando infrutuosamente matar a Antonia.
A policía investiga os asasinatos crendo que se tratan de casos illados, excepto a inspectora Mila (Rosa María Sardá) unha muller excéntrica e cargada de fobias, que cre que están conectados porque as vítimas aparecen sempre esparexidas co mesmo perfume caro. Mais os seus superiores cren que está perturbada e apártana do caso. Mila, xunto o seu fillo Luis (Edu Soto), tamén policía, segue investigando pola súa conta, até que ao final lle acaba disparando ao asasino.
Véxase tamén Ligazóns externas Trailer de Chuecatown
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España