Mactan é unha illa filipina situada fronte ás costas da illa de Cebú, na provincia de Cebú. Está subdividida entre as municipalidades de Córdova e a súa capital, Lapu-Lapu. En 2015 tiña 467 824 habitantes.

Historia En 1521 tivo lugar a batalla de Mactan, na que os nativos da illa baixo o mando do seu xefe Lapu-Lapu, se enfrontaron aos soldados españois. Nela faleceu Fernão de Magalhães, que comandaba a expedición.

Infraestruturas Conéctase á illa de Cebú a través de dúas pontes, a ponte de Marcelo Fernan e a de Mactán. Na illa atópase o Aeroporto Internacional Mactan-Cebú, o segundo máis importante en tráfico de Filipinas.

Véxase tamén Ligazóns externas Aeroporto Internacional de Mactán Concello de Lapu-Lapu

Categoría:Illas de Filipinas