1876 (MDCCCLXXVI) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 1 de xaneiro - Aparece en Ferrol o periódico La Resurrección de Galicia. 31 de xaneiro: nos Estados Unidos de América, o Goberno dispón que todos os indios nativos do país deberán vivir en «reservas». 7 de febreiro - Comeza a publicarse O Tio Marcos d'a Portela, baixo a dirección de Valentín Lamas Carvajal. 1 de outubro - Publícase o primeiro número do xornal El Diario de Lugo, editado na capital lucense 29 de outubro - Fúndase en Madrid a Institución Libre de Enseñanza. 5 de novembro - Publícase no O Tío Marcos da Portela o primeiro anuncio publicitario en lingua galega, de Máquinas pra coser d'a compañía fabril Singer.Deputación de Pontevedra .

Nacementos 5 de xaneiro - Konrad Adenauer, canceler de Alemaña (1949-1963). 12 de xaneiro - Jack London, escritor estadounidense. 16 de xaneiro - Francisco Porto Rey, escritor galego 8 de febreiro - Paula Modersohn-Becker, pintora alemá (m. 1907) 2 de marzo - Eugenio Maria Giovanni Pacelli, Papa Pío XII. 22 de abril - Robert Bárány, médico austríaco, premio Nobel de Medicina en 1914. 23 de abril - Aino Ackté soprano finlandesa. (f. 1944) 27 de abril - Irma Sèthe, foi unha violinista e pedagoga belga. (f. 1958) 3 de xuño - Ramón Cabanillas, escritor galego (m. 1959). 16 de xuño - José Goyanes Capdevila, médico galego (m. 1964). 7 de agosto - Mata Hari bailarina exótica e espía. (m.1917) 6 de setembro - John James Richard Macleod, médico británico, premio Nobel de Medicina en 1923. 16 de novembro - Manuel García Barros, escritor galego (m. 1972). 23 de novembro - Manuel de Falla, músico español. 20 de decembro - Walter Sydney Adams, astrónomo estadounidense. 22 de decembro - Filippo Tommaso Marinetti, poeta italiano. 25 de decembro - Adolf Windaus, químico alemán, premio Nobel de Química en 1928. 29 de decembro - Pau Casals, violonchelista español.

Mortes Data descoñecida - Ambrusius Abdu, vigairo patriarcal de Xerusalén (n. 1821). 5 de xaneiro - Ramón Pasarón Lastra, xurista e político galego (n. 1808). 8 de xuño - George Sand, escritora francesa. 12 de xuño - Teodosio Vesteiro Torres, escritor galego (n. 1847). 13 de xuño - Mikhail Bakunin, anarquista ruso. 29 de xuño - Xoán Manuel Pintos, escritor galego. 11 de novembro - Anna Russell, botánica e micóloga inglesa. 31 de decembro - Santa Catherine Labouré, relixiosa francesa; canonizada no ano 1947 polo papa Pío XII (n. 1806).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1876