Jordan Robert Farmar, nado nos Ánxeles (California) o 30 de novembrode 1986, é un xogador de baloncesto estadounidense, que debutou como profesional na National Basketball Association (NBA) nas filas de Los Angeles Lakers durante a tempada 2006-07 e onde conseguiu dous aneis de campión.

Traxectoria deportiva High School Durante a súa tempada como xogador de instituto, foi considerado un dos mellores xogadores da súa cidade, Os Ánxeles, chegando a anotar 54 puntos nun partido. Terminou cunha media de 27,5 puntos e 6,5 asistencias, o que lle valeu ser recoñecido polo xornal Los Angeles Times como o xogador do ano.

Universidade Asistiu soamente durante un ano á prestixiosa UCLA, onde estaba considerado un dos mellores bases anotadores da NCAA. Levou ao seu equipo, os Bruins, á final do campionato, onde perderon con Florida Gators por 57-73. Ao finalizar o campionato, anunciou a súa decisión de entrar no Draft da NBA. Tivo unha media durante esa tempada de 13,5 puntos e 5,1 asistencias.

Profesional Foi elixido no draft de 2006 por un dos equipos da súa cidade, os Lakers, no posto 26 da primeira rolda. Impresionou aos observadores de tódolos equipos polo seu impresionante salto en vertical de 1,06 metros. Levando a camiseta co número 5 ás costas, asumiu a súa status de rookie, xogando unha media de 15,1 minutos por partido, e cunha media de 4,4 puntos e 1,9 asistencias.

Durante esa tempada, foi descendido ao equipo da NBA Development League de Los Angeles D-Fenders, filial do seu equipo, onde tan só disputou un partido, regresando de novo ao persoal dos Lakers. A tempada 2007-08 a súa progresión fíxolle ser un dos primeiros recambios utilizados por Phil Jackson, dobrando as súas estatísticas en practicamente todos os apartados. En 2010 asinou un contrato cos New Jersey Nets por 3 anos e 12 millóns de dólares.

O 3 de agosto de 2011, Farmar asinou un contrato dun ano co Maccabi Tel Aviv da Ligat ha'Al de Israel.

O 11 de xullo de 2012, foi traspasado xunto a Anthony Morrow, , Jordan Williams, Johan Petro, DeShawn Stevenson e unha elección da primeira rolda do Draft de 2013 ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson. Un día despois, foise a xogar a Turquía, tras asinar un contrato de tres anos co Anadolu Efes.

O 17 de xullo de 2013, Farmar volveu ós Lakers.Lakers Sign Jordan Farmar

O 9 de xullo de 2014, Farmar asinou cos Los Angeles Clippers.CLIPPERS SIGN FARMAR AND HAWES Foi cortado o 16 de xaneiro de 2015. En 36 partidos, fixo 4.6 puntos, 1.9 asistencias e 1.2 rebotes por encontro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Jordan Farmar en NBA.com Biografía de Farmar na web de UCLA Bruins

Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1986 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Bases de baloncesto