2010 AB78 é un asteroide de tipo NEO descuberto en 2010. É o primeiro descuberto polo observatorio espacial WISE dos moitos miles que se calcula que descubrirá ó longo da súa vida útil.
A primeira observación de 2010 AB78 por WISE tivo lugar o 12 de xaneiro de 2010, sendo reobservado un día máis tarde. O observatorio de Mauna Kea observouno os días 18 e 19 de xaneiro, permitindo ó Minor Planet Center emitir unha circular o día 22 confirmando o descubrimento. O asteroide mide aproximadamente 1 km de diámetro.miniatura|Campo estelar fotografiado polo observatorio espacial WISE no que se atopa 2010 AB78 (o punto roxo no centro da imaxe).|centro Notas
Categoría:Asteroides