Tadjiikistán ou Taxikistán"Taxikistán" en (en ), oficialmente a República de Tadjiikistán (en , Jumhurii Tojikiston) é un país montañoso e sen saída ó mar que se atopa en Asia Central, cunha área de 143 100 km² e unha poboación estimada de 9 275 828 persoas (2019). Ten fronteiras con Afganistán polo sur, a China polo leste, Kirguizistán polo norte e Uzbekistán polo oeste. A patria tradicional do pobo taxico inclúe a actual Tadjiikistán así como partes de Afganistán e Uzbekistán.

O territorio que hoxe constitúe Tadjiikistán foi o fogar de numerosas culturas da antigüidade, como a cidade de Sarazm do Neolítico e da Idade de Bronce, e despois foi dominado por diferentes reinos gobernados por pobos de diversas fes e culturas, incluíndo a civilización de Oxus, a cultura de Andrónovo, o budismo, o nestorianismo, o zoroastrismo, o maniqueísmo e o islam. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio aqueménida, o Imperio Sasánida, os Imperio Heftalita, o Imperio Samánida, o Imperio Mongol, a Dinastía Timúrida, o Khanato de Bukhara, o Imperio Ruso, e posteriormente a Unión Soviética. Dentro da Unión Soviética, delimitáronse as fronteiras modernas do país, formando parte da República Socialista Soviética de Uzbekistán como unha república autónoma antes de converterse nunha república soviética de pleno dereito en 1929.Bergne, Paul (2007) The Birth of Tajikistan: National Identity and the Origins of the Republic, IB Taurus & Co Ltd, pg. 39-40

O 9 de setembro de 1991, Tadjiikistán converteuse nunha nación independente e soberana logo da disolución da Unión Soviética. Case inmediatamente despois da independencia produciuse unha guerra civil, que durou dende 1992 até 1997. Dende o remate da guerra, a estabilidade política e a axuda exterior permitiron que a economía do país comezase a medrar. Ó igual que outros países veciños de Asia Central, o país, liderado polo Presidente Emomali Rahmon dende 1994, foi criticado por numerosas organizacións non gobernamentais polo seu liderado autoritario, a falta de liberdade relixiosa, a corrupción e as violacións dos dereitos humanos.

Tadjiikistán é unha república presidencialista dividida en catro provincias. A maioría da poboación do país pertence ó grupo étnico taxico, que fala o taxico (unha variedade do persa). O ruso é empregada como lingua de comprensión entre etnias. Malia que o estado é constitucionalmente secular, o islam é practicado polo 98% da poboación. No óblast de Badaghxán Montañoso, de Tadjiikistán, malia a súa escasa poboación existe unha gran diversidade lingüística, onde o ruxaní, o xugní, o ixcaximí, o vakhí e o propio taxico son algunhas das lingua faladas. As montañas cobren o 90% do país. Ten unha economía de transición que é altamente dependente da produción de aluminio e algodón. Tadjiikistán é membro das Nacións Unidas, da Comunidade de Estados Independentes, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, da Organización para a Cooperación Islámica, da Organización de Cooperación Económica, da Organización de Cooperación de Shanghai e da Organización do Tratado da Seguridade Colectiva, así como da Asociación para a Paz da OTAN.

Etimoloxía

Tadjiikistán quere dicir "Terra dos taxicos". O sufixo "-stán" é o termo persa para "terra dos" ou "país" e taxido é o nome da tribo preislámica (anterior ó século VII).A Country Study: Tajikistan, Ethnic Background. Library of Congress Call Number DK851. K34 (1997) De acordo co "1997 Country Study of Tajikistan" da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, é difícil afirmar a orixe da verba "taxico" porque o termo é "envolto en disputas políticas do século XX sobre se os pobos turcos ou iranianos eran os habitantes orixinais de Asia Central."

Historia

Política O parlamento está constituído por dúas cámaras: a Cámara baixa, chamada Majilisi Namoyandagon e a Cámara alta, chamada Majlisi Oli.

Xeografía miniatura|dereita|300px|Mapa de Tadjiikistán miniatura|dereita|300px|Vista satélite de Tadjiikistán

División administrativa miniatura|300px|Provincias de Tadjiikistán

Tadjiikistán está dividido en tres provincias (вилоят viloiat /vilo'jat/, plural вилоятҳо viloiatgho /vilo'jatxo/) e máis unha provincia autónoma (вилояти мухтор viloiati mughtor /vilo'jati mux'tor/) :

Provincia de Sogdiana Вилояти Суғд, número 1 no mapa, capital Ghuxand Хушанд (Xushand). Dushanbe Душанбе e Distrito Subordinado da República Ноҳияҳои тобеи Жумҳурӣ (Nohiyahoi tobei Jumhurii), número 2 no mapa, capital Dushanbe. Provincia de Ghatlón Вилояти Хатлон (Xatlon), no mapa número 3, capital Curgonteppá Қурғонтеппа (Qurghonteppa). Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso Вилояти Мухтори Куҳистони Бадахшон (Viloyáti Muxtori Kuhistoni Badaxshón), no mapa número 4, capital Ghorug Хоруғ (Xorugh). Nota : a cada provincia séguelle o nome do seu centro administrativo entre parénteses.

A rexión que contén a capital Dushanbe é independente a nivel administrativo, non ten estatuto de provincia pero si un sistema similar.

Cada provincia está dividida en distritos (ноҳия nohiia /,no'hija/, en plural ноҳияҳо nohiiaho /,no'hijaho/) e á súa vez subdivididos en жамоат xamoatos (que equivalen ás nosas "parroquias"), e logo en vilas.

Economía

Tadjiikistán é o país máis pobre da ex-Unión Soviética (URSS) e ademais un dos máis pobres do mundo. As fontes de ingresos, ligadas á exportación do algodón e do aluminio, son precarias e fan a economía vulnerable aos mercados exteriores.

No 2000, a axuda internacional era esencial para soster os programas de rehabilitación, onde se comeza a reintegrar os antigos combatentes da guerra civil dentro da sociedade. A axuda internacional foi igualmente necesaria para limitar a caída da produción de alimentos, consecuencia dun segundo ano de seca. Mais en agosto do 2001, a Cruz Vermella anunciou o comezo da fame en Tadjiikistán, e apelou á axuda internacional.

Transporte A maioría dos sistemas de transportes foron construídos durante a era soviética e dende esa era o sistema foise deteriorando por mor dos insuficientes investimentos e mantementos das infraestruturas. Nin o sistema soviético nin a infraestrutura posteriormente construída se dirixiu á división topográfica entre as rexións do norte e do sur do país. A comezos do ano 2005 unha serie de proxectos sobre transportes principais procurou corrixir este problema. O primeiro dos proxectos, o Túnel de Anzob, que se rematou en 2006, une a estrada de Dushanbe co norte de Tadjiikistán, resolvendo o problema que existía anteriormente de incomunicación cada inverno. O transporte aéreo é considerado non fiable.Tajikistan country profile. Biblioteca do Congreso Federal Research Division (Xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público. Ferrocarril O sistema ferroviario conta soamente con 480 quilómetros de traxectos, todos de vía ancha. O sistema de ferrocarrís conecta os principais centros urbanos do oeste de Tadjiikistán coas vilas principais nas veciñas Uzbekistán e Turkmenistán. No ano 2000 unha nova liña conectou as cidades do sur de Curgonteppa (Qurghonteppa) e Kulob. O tránsito de pasaxeiros polo Tadjiikistán viuse dificultado polos fracasos periódicos dos ferrocarrís taxicos de pagar tarifas de tránsito e por cuestións de seguridade.Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.

Estradas e autoestradas miniatura|dereita|Traballadores chineses construíndo unha ponte na estrada entre Dushanbe e Ghuxand.

Tadjiikistán conta cunha estimación de 30.000 quilómetros de estradas, das que a gran maioría foron construídas antes de 1991. Unha artería principal percorre de norte a sur a través das montañas entre a cidade de Ghuxand (Xushand), no noroeste, e Dushanbe. Unha segunda arteria vai ao leste dende Dushanbe a Ghorog (Xorogh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso e logo ao nordés a través das montañas á cidade de Ox (Oş) en Kirguizistán. Debido a que a ruta Ghuxand–Dushanbe estaba pechada en inverno, construíuse o túnel de Anzob para evitar o paso de montaña e abrir así unha ruta que conecte Taxquent (Taşkent) (Uzbekistán) e puntos do norte con Afganistán e Paquistán ao sur, vía Tadjiikistán.

A China investiu aproximadamente 720 millóns de dólares en melloras de infraestruturas en Tadjiikistán, incluíndo a reconstrución, ensanche e mellora da estrada entre Dushanbé e Ghuxand que dende agosto de 2007 está a usar equipamento chinés para os traballos de reconstrución. TAJIKISTAN: A CHINESE ROAD TO THE FUTURE? ; EURASIANET. (último acceso 20-08-2008)

A mediados do 2005 comezou a construción dunha ponte sobre o río Panxe (Panj) ata Afganistán a cal foi finaciada polos Estados Unidos de América abríndose a ponte en agosto de 2007CIA World Factbook. Tajikistan , e pídense proxectos para a construción de varias pontes que unan Tadjiikistán co sur.Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.

Gasodutos e oleodutos Tadjiikistán conta cun gasoduto de 549 quilómetros que leva gas natural dende Uzbekistán ata Dushanbe e leva gas entre lugares de Uzbekistán polo noroeste de Tadjiikistán. Tadjiikistán tamén conta cun oleoduto duns 38 quilómetros.Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.

Portos e canles Tadjiikistán non ten acceso ao mar e tampouco canles interiores navegables.Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.

Aeroportos No ano 2007 Tadjiikistán contaba con 26 aeroportos, dos que 18 tiñan pavimentadas as pistas de aterraxe e dous con pistas de aterraxe de máis de 3.000 metros. O aeroporto máis grande é o de Dushanbe que ten só uns poucos voos con destinos internacionais. Uns poucos voos unen Dushanbe con Taxquent (Taşkent) que é o aeroporto máis achegado que ofrece conexións coa maioría de destinos europeos. Os seguintes aeroportos máis grandes son o de Ghuxand (Xujand) e o de Kulob. A compañía estatal Tajikistan Airlines que conta cun rexistro de seguridade cuestionable, ofrece voos a outros países de Asia Central coa excepción de Uzbekistán, e voos semanais á Alemaña e a Rusia.Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.

Demografía

No 2019, Tadjiikistán tiña unha poboación de 9 275 832 persoas, das cales o 70% teñen menos de 30 anos e o 35% están entre os 14 e os 30 anos.Tajikistan: Building a Democracy (video) , United Nations, marzo de 2014 Os taxicos que falan a lingua taxica (unha variedade do persa) son o principal grupo étnico, aínda que existen minorías importantes de uzbekos e rusos, cuxos números están minguando por mor da emigración.Russians left behind in Central Asia , Robert Greenall, BBC News, 23 de novembro de 2005. Os pamiris de Badakhshan, unha pequena poboación do pobo yagnobi, e unha importante minoría de ismailis son considerados como pertencentes ó grupo étnico taxico. Tódolos cidadáns do país son chamados taxiquistanos.CIA World Factbook. Tajikistan

En 1989, os rusos representaban o 7,6% da poboación, mais a súa presenza caeu até o 0,5% despois da guerra civil, que motivou a emigración rusa.Tajikistan – Ethnic Groups . Fonte: U.S. Library of Congress. A poboación étnica alemá de Tadjiikistán tamén declinou por mor da emigración dende o colapso da Unión Soviética. O seu punto máis alto foi de 38 853 persoas en 1979.Russian-Germans in Tajikistan . Pohl, J. Otto. "Russian-Germans in Tajikistan", Neweurasia, 29 de marzo de 2007.

Linguas