O arenque,arenque no docionario da RAG. Clupea harengus Linnaeus, 1758, é unha especie de peixe osteíctio mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos, unha das tres que conforman o xénero Clupea.

Esta especie é unha das comercialmente máis importantes no norte do océano Atlántico.

Segundo Eladio Rodríguez,Rodríguez González, E. (1958): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Tomo I. Vigo: Editorial Galaxia. chámanse tamén arenques as sardiñas grandes salgadas ou afumadas.

Ríos Panisse localiza esta denominación en Sada, Ribeira e na península do Morrazo.Ríos Panisse, M. C. (1977)

Características

É un peixe azul, graxo, de corpo alongado e cor azul azul escura, apardazada ou moura no dorso e prateado no ventre.Bauchot e Pras (1982), p. 99. Non presenta manchas escuras distintivas nin no corpo nin nas aletas. Chega a alcanzar un tamaño de ata 45 cm,Fishbase aínda que raramente supera os 40, e unha lonxevidade de 20 a 25 anos.Muus, Bent J. et al. (1998), pp. 87-90.

Como todas as especies do xénero Clupea, tanto a aleta dorsal como a anal carecen de espiñas. Ten o opérculo sen estrías, e o bordo da abertura das galadas é moi arredondado. O maxilar inferior é prominente, e é característica unha dobra adiposa no ollo.

Semellante á sardiña, da que se diferencia, ademais de polo seu maior tamaño, por ter os opérculos lisos (na sardiña son estriados), porque a aleta dorsal sitúase na metade posterior do corpo (na sardiña nace por diante do centro do corpo), e pola presenza de máis de 60 escamas grandes ao longo da parte media de cada flanco, en lugar das 30 da sardiña.

Tampouco presenta a quilla prominente típica da sardiña e máis do trancho.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo, na décima edición do seu Systema Naturae.Clupea harengus Linnaeus, 1758 no WoRMS.Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii.Ver facsímile.

Etimoloxía Nas linguas xermánicas o nome da especie deriva do inglés antigo hering (Angliano), ou hæring (Saxón occidental), do xermánico occidental *heringgaz (fonte tamén do frisón antigo hereng, do neerlandés medio herinc e do alemán Hering e do antigo baixo fráncico *hâring), de orixe descoñecida, é a orixe das palabras Hering, herring, hering e hareng dos modernos alemán, inglés e francés. Online Etymology Dictionary.

No século III aparece rexistrado o termo do baixo latín aringus,hareng no Trésor de la langue française informatisé, do que derivou o aringa italiano, o arenque (galego, portugués e castelán) e o areng (catalán).

Sinónimos Ademais e polo nome que lle impuxo Linneo, a actualmente válido, a especie coñeceuse tamén por numerosos sinónimos:

Clupea alba Yarrell, 1829 Clupea atlanticus Schnakenbeck, 1931 Clupea borealis Schnakenbeck, 1931 Clupea britannicus Schnakenbeck, 1931 Clupea caledonicus Schnakenbeck, 1931 Clupea cimbricus Schnakenbeck, 1931 Clupea elongata Lesueur, 1818 Clupea frisius Schnakenbeck, 1931 Clupea halec Mitchill, 1814 Clupea harengus atlanticus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus borealis Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus britannicus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus caledonicus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus cimbricus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus frisius Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus harengus Linnaeus, 1758 Clupea harengus harengus natiomurmanica Tikhonov, 1941 Clupea harengus islandicus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus ivernicus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus membras Linnaeus, 1761 Clupea harengus membras Wulf, 1765 Clupea harengus norvegivus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus scandicus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus schelderensis Nilsson, 1832 Clupea harengus scoticus Schnakenbeck, 1931 Clupea harengus septemtrionalis Schnakenbeck, 1931 Clupea islandicus Schnakenbeck, 1931 Clupea ivernicus Schnakenbeck, 1931 Clupea leachii Yarrell, 1832 Clupea membras Wulf, 1765 Clupea minima Storer, 1839 Clupea norvegivus Schnakenbeck, 1931 Clupea palassi probatowi Makushok, 1935 Clupea scandicus Schnakenbeck, 1931 Clupea scoticus Schnakenbeck, 1931 Clupea septemtrionalis Schnakenbeck, 1931 Cyprinus esca Walbaum, 1792 Rogenia alba Valenciennes, 1847

Subespecies Os arenques pódense dividir en diferentes poboacións ou "razas", que se distinguen principalmente polo tamaño, a taxa de crecemento, o período de reprodución e as rotas de migración, así como polo número de vértebras.

Ademais das grandes razas migratorias existen varias formas locais non migratorias nos fiordes e pequenas zonas de diversos mares, que son só importantes para a pesca das poboacións locais.

miniatura|240px|Arenque do Atlántico.

Desde o punto de vista taxonómico, o SIIT distingue tres subespecies:Clupea harengus no SIIT Clupea harengus en Marine Species.

Clupea harengus harengus (Linnaeus, 1758) – do Atlántico Clupea harengus membras (Linnaeus, 1761) – do mar Báltico Clupea harengus suworowi (Rabinerson, 1927) – do mar de Barents

Hábitat e bioloxía Distribución e hábitat miniatura|240px|Cardume de arenques. miniatura|240px|Ovos e larvas de arenque. miniatura|240px|Arenques xuvenís migrando cara á superficie.

O arenque vive en augas temperadas e pouco profundas, de máis de 200 m de profundidade e ata os 360, no norte do océano Atlántico, desde as costas do norte do Canadá, sur de Groenlandia e norte de Rusia occidental, ata o sur de Francia (golfo de Biscaia), pasando por Islandia, o mar Báltico, illas Británicas e mar do Norte.

É unha especie gregaria e forma grandes bancos (cardumes) que poden chegar ata varios miles de toneladas de peixes. Adoita pasar o día en augas profundas para subir á superficie de noite, seguindo as migracións verticais do seu alimento

Ás veces poden internarse nos estuarios. Tamén efectúa migracións na época da reprodución.

Nutrición A dieta dos arenques está constituída por zooplancto, formado principalmente por pequenos copépodos, eufasias, gasterópodos peláxicos e larvas de peixes.

Pola súa parte, os arenques pequenos e grandes forman parte da dieta de moitos outros peixes.

Reprodución As poboacións ou "razas" de arenques máis importantes do Atlántico oriental son as de Islandia e Noruega, que se reproducen en inverno, e as do mar do Norte e as do Báltico, que o fan en outono. Na época da reprodución os bancos de arenques aproxímanse ás costas e, inmediatamente despois da súa chegada alcanzan a madurez sexual. A desova ten lugar entre xaneiro e abril, principalmente na zona de transición entre as augas costeiras e as augas profundas máis cálidas e salinas, xeralmente a profundidades de entre os 40 e os 70 m e temperatura entre os 5 e os 7 °C. Unha femia pode producir de 20 000 a 50 000 ovos de 1,2 a 1,5 mm de diámetro, que son liberados na auga, así como o esperma dos machos. Os ovos xa fecundados caen ao fondo, onde se pegas ás rochas, algas e uns a outros, formando ás veces grosas camadas, a temperaturas duns 9 °C.

As larvas eclosionan a partir das dúas semanas, antes se a temperatura é máis alta, teñen forma de filamento e miden de 7 a 9 mm; son atraídas pola luz e soben á superficie. Despois dunha semana xa consumiron todo o vitelo nutritivo e comezan a alimentarse de algas plenctónicas microscópicas e larvas de crustáceos. Cando miden uns 4 cm empezan a cubrirse de escamas e, durante o primeiro ano de vida, os xuvenís espállanse por toda a costa. Ao chegar ao ano de idade miden uns 12 cm e, cando alcanzan os 20 cm de lonxitude, aos 2 ou 3 anos de idade, é cando comezan a afastarse das costas. Adquiren a madurez sexual entre os 3 e os 9 anos de idade (máis tarde nas zonas máis norteñas) e, a partir deste momento, comenzan as migracións anuais cara á costa ne época da reprodución.

Pesca

O arenque xa se pescaba en tempos prehistóricos. O comercio do arenque salgado e seco alcanzou unha importancia económica considerábel na Idade Media, a partir do século XIII, cando era particularmente estimado nas épocas da abstinencia de carne, sobre todo na coresma. Isto foi a orixe da creación e prosperidade de numerosos portos pesqueiros do norte de Europa, e provocou rivalidades que conduciron incluso a conflitos armados.

O arenque péscase industrialmente con artes de enmalle (deriva), de cerco (traíñas) ou de arrastre, pola noite. Os exemplares costeiros tamén se pescan con artes tipo trasmallo.

Os bancos localízanse coa axuda de ultrasóns, mediante ecosonares, pero tamén polos tradicionais sistemas da observación de aves mariñas ou polas innumerábeis pequenas burbullas de aire que chegan á superficie procedentes da vesícula gasosa que comunica co ano e que expele o aire por descompresión.

miniatura|320px|Capturas globais do arenque atlántico (1950-2010).Datos subministrados pola FAO.FAO, Species Fact Sheet.

Hai anos en Noruega a miúdo os arenques mantíñanse nas traíñas ata que o estómago se baleirara (para evitar a presenza de gasterópodos peláxicos e outros animais que poden constituír un problema máis tarde se podrecen no arenque salgado) durante unhas 32 horas a 6 ou 9 °C.

E tamén se pescaban individuos xuvenís, de 1 a 2 anos de idade, que se destinaban á produción de fariña de peixe. Pero despois da drástica diminución das capturas de arenques nos anos 1970, debida á sobreexplotación dos bancos, esta práctica pesqueira cesou.

As poboacións de arenques, e con elas as súas capturas anuais flutúan moito segundo os anos. Como resultado da pesca intensiva actual, as poboacións están formadas tan só por uns pequenos grupos, e un ano de elevada mortalidade das larvas pode ocasionar un severo descenso das capturas 3 ou 4 anos máis tarde. Nas augas europeas, nos últimos anos, as capturas oscilan entre 1,4 e 1,7 millóns de toneladas.

Galería de imaxes

Estado de conservación Desde o ano 2010 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante), que mantén a día de hoxe (2016), debido a que esta especie, unha das comercialmente máis importantes no norte do océano Atlántico, despois dun importante descenso da súa poboación na década de 1970, impuxéronse límites aos niveis de capturas da especie para tratar a reconstrución do stock. Desde entón, a súa biomasa mostrou un aumento. As estimacións actuais suxiren que só o 10 % da poboación está sendo explotado e non hai informes de que ocorra sobrepesca. Porén cómpre continuar estudando o seguimento dos niveis de captura e a biomasa.Herdson, D. & Priede, I. (2010): Clupea harengus na lista vermella da UICN. Versión 2016.1. Consultada o 07-08-2016.

Usos culinarios

Os arenques desde sempre se consumiron abundantemente en fresco, salgados, afumados ou en conservas. Na actualidade a maioría dos arenques comercialízanse en bloques conxelados para o seu tratamento posterior, e a antiga práctica do salgado nos barcos xa pasou á historia.

Resulta unha especie apreciada na cociña, tanto para o seu consumo en fresco como afumado, salgado ou mariñado.

O arenque é un dos peixes que poden transmitir Anisakis ó consumidor, tanto polos hábitos alimenticios da especie como polo feito de se consumir pouco cociñado. De feito, a anisaquíase foi diagnosticada por vez primeira nun paciente que presentaba fortes dores abdominais tras comer arenques curados. Van Thiel, en 1955, demostrou a presenza das larvas nos abscesos que presentaban no intestino.Audicana, Maria Teresa e Kennedy, M. W. (2008): "Anisakis Simplex: From Obscure Infectious Worm to Inducer of Immune Hypersensitivity". Clinical Microbiology Reviews 21 (2): 360–379. Ver en liña.

O arenque na cultura popular galega Parecer un arenque: dise da persoa que está moi delgada e seca.