O bokmål (literalmente lingua de libro) é o estándar máis común da lingua norueguesa baseado orixinalmente no danés, a outra forma escrita oficial é o nynorsk. É utilizado, como forma escrita, por entre o 85 e 90% da poboación e é usado comunmente para os estudantes estranxeiros que aprenden noruegués.

Escritura e fala A primeira ortografía do bokmål foi oficialmente adoptada en 1907 co nome de riksmål despois de estar en desenvolvemento desde 1897. Foi unha adaptación do danés escrito, o cal se usaba como lingua oficial dende a pasada unión con Dinamarca, á koiné dano-norueguesa falada principalmente pola elite urbana norueguesa, especialmente na capital. Cando en 1923 o gran xornal conservador Aftenposten adoptou a ortografía de 1907, a escritura danesa deixou practicamente de se utilizar en Noruega. O nome bokmål foi adoptado oficialmente en 1929 despois dunha proposta de chamar a lingua escrita "dano-norueguesa", proposta derrotada por un voto no Storting.

Distinto á maioría das linguas estándar, non existe un estándar codificado para o bokmål (e o nynorsk) falado. Hai, con todo, variedades faladas de noruegués que son case idénticos ou estreitamente relacionados ao bokmål escrito. Para Gjert Kristoffersen en "A Fonoloxía do Noruegués", o bokmål é a variedade máis común entre a clase media urbana atopado especialmente na parte occidental do sur de Noruega, con Oslo como o seu centro obvio.

Historia Até ao redor do ano 1300, o idioma escrito de Noruega, o noruegués antigo, foi esencialmente idéntico ao nórdico antigo. Esta fala foi gradualmente diferenciándose en dialectos rexionais e locais. Mentres Noruega permaneceu como un reino independente a lingua escrita mantívose esencialmente constante.

En 1380, Noruega uniuse con Dinamarca e por moito tempo non tivo o seu propio rei. A comezos do século XVI, Noruega perdera as súas institucións políticas separadas e xunto a Dinamarca formou a unidade política chamada Dinamarca-Noruega até 1814, converténdose progresivamente no membro débil da unión. Durante este período o noruegués escrito foi substituído polo danés, o cal foi usado virtualmente en todos os documentos administrativos.

Os noruegueses utilizaron primeiramente o danés na escritura, pero este gradualmente pasou ser falado pola elite urbana en ocasións formais ou oficiais. Aínda que o danés non se converteu na lingua falada pola basta maioría da poboación, para a época de 1814 cando os lazos entre Noruega e Dinamarca eran fortes, un vernáculo dano-noruegués a miúdo chamado "fala educada diaria" converteuse en lingua materna de parte da elite urbana. Esta nova koiné dano-norueguesa como danés con pronuncia de noruegués do leste, algo de vocabulario noruegués e unha gramática simplificada. Ou como o expresou Kristoffersen:

En 1814, Noruega foi cedida por Dinamarca a Suecia. Nese entón Noruega desafiou a Suecia e os seus aliados, declarou a súa independencia e adoptou unha constitución democrática. Aínda que obrigada a someterse a unha unión dinástica con Suecia, este sentimento independentista continuou crecendo, influenciando a evolución da lingua en Noruega. Antigos idiomas tradicionais foron revividos polo poeta patriótico Henrik Wergeland (1808-1845), quen defendeu unha lingua escrita non danesa. Haugen indica que:

A máis conservadora das dúas transicións do idioma foi adiantada polo labor de escritores como Peter Asbjørnsen e Jørgen Moe, o mestre e axitador da reforma lingüística Knud Knudsen e o seu famoso discípulo Bjørnstjerne Bjørnson, así como unha máis prudente norueguización por Henrik Ibsen. En particular, o traballo de Knudsen na reforma lingüística a mediados do século XIX foi imporante para a ortografía de 1907 e a subsecuente reforma de 1917. Knudsen é a miúdo chamado "pai do bokmål".

Características Diferenzas co dialecto tradicional de Oslo Coloquialmente, o estándar Østnorsk é a miúdo chamado o dialecto de Oslo. Con todo, o Østnorsk estándar non está confinado a Oslo e o dialecto tradicional de Oslo é diferente ao Østnorsk estándar. En realidade, moitos nativos de Oslo poden falar un sociolecto que vai nunha escala desde o dano-noruegués tradicional nun extremo até o dialecto de Oslo ao outro extremo.

A seguinte táboa mostra algúns importantes casos onde o bokmål e o Østnorsk estándar seguen ao danés máis que ao dialecto tradicional de Oslo. Noutros casos o bokmål segue ao dialecto de Oslo. As formas radicais que están permitidas pero non son moi usadas están entre paréntese.

+ Diferenzas entre bokmål e o dialecto de Oslo Danés Bokmål/Østnorsk estándar Dialecto de Oslo tradicional radical Diferenciación entre masculino e femininoun home pequenounha muller pequena nonen lille manden lille kvinde nonen liten mannen liten kvinne sien liten mannei lita kvinne sien liten mannei lita kvinne Diferenciación entre masc. e fem. definido pluralos botesos vagóns nonbådenevognene nonbåtenevognene sibåtavognene Sufixo definido plural neutroas casas -ene/ernehusene -enehusene -ahusa -ahusa Verbo feble xermánico sufixo participio pasadocycled -etcyklet -etsyklet -asykla -asykla Verbo feble xermánico sufixo pretéritocycled -edecyklede -etsyklet -asykla -asykla Verbo forte xermánico sufixo participio pasadoescrito -etskrevet -etskrevet -iskrivi Infinitivo divididovir/chegarestar en cama nonkommeligge nonkommeligge sikommaligge Fraccionamento de final masculino e vocal sen acentoescalarolda nonstigerunde nonstigerunde sistegarunde Ditongo escandinavo occidentalpernafumesuave/mollado (adxectivo) nonbenrøgblød nonbenrøkbløt sibeinrøykblaut sibeinrøykblaut Escandinavo occidental u por oponte nonbro nonbro sibru sibru Escandinavo occidental a-umlautpiso nongulv nongulv (si)(golv) sigølv Acento na primeira sílaba en préstamo de palabrasbanana non/ba'na:n/ non/ba'na:n/ si/'banan/ Retroflexo /ɽ/ do noruegués antigo /rð/mesa, taboleiro non/bo:r/ non/bu:r/ si/bu:ɽ/ Retroflexo /ɽ/ do noruegués antigo /l/sol non/so:l/ non/su:l/ si/su:ɽ/ si/su:ɽ/ Vocabulario danésxantarpor que sispisehvorfor sispisehvorfor nonetaåffer Vocabulario danésnenacomo sipigehvordan sipikehvordan nonjente(åssen) nonjenteåssen

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lingua norueguesa Lingua danesa

Categoría:Lingua norueguesa Categoría:Linguas estándares