Bruno Schleinstein, coñecido como Bruno S., nado en Friedrichshain o 2 de xuño de 1932 e finado en Berlín o 11 de agosto de 2010, foi un actor e músico alemán.

Traxectoria Bruno foi un fillo non desexado dunha prostituta, tendo sufrido abusos da nai frecuentemente na infancia, e pasando a maior parte da súa vida internado en hospitais psiquiátricos.

Bruno apareceu no documental Bruno der Schwarze – Es blies ein Jäger wohl in sein Horn (1970) Cando Werner Herzog viu o filme, decidiu contatalo para protagonizar o seu filme Jeder für sich und Gott gegen alle (1974), sobre Kaspar Hauser, a pesar de que non tiña experiencia na interpretación. A continuación protagonizou Stroszek (1977), tamén de Herzog, que foi escrito para el incluíndo datos biográficos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2010