Memorias de África (en ) é un filme estadounidense de 1985, baseado no libro autobiográfico Den afrikanske Farm da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptado por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, o filme foi dirixido por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado.

Narra, apartándose significativamente do texto do libro orixinal, varios episodios da vida de Dinesen en Kenya, durante a época na que esta era unha colonia británica.

Estreouse en galego a través da TVG.

Sinopse A comezos do século XX, Karen Blixen (nome real da escritora danesa Isak Dinesen), decide casar e irse a vivir co home a unha das colonias británicas de África, concretamente en Kenya, para dirixir unha plantación de café. Este matrimonio de conveniencia pronto se ven abaixo, debido ao carácter do seu marido e á falta de amor. O seu soño vese truncado polas dificultades económicas da plantación, aínda que se sente a gusto co lugar e as súas xentes. Coñece alí a un cazador profesional, Denys Finch Hatton, aventureiro e liberal, que lle fai recobrar a alegría de vivir. Pero a súa visión respectiva do amor difire, debido a que el non concibe a vida sen a súa independencia e ela precisa dun compañeiro fiel.

Un incendio destrúe a colleita de café e Karen arruínase, tendo que volver a Europa, e aínda que naquel momento xa estaban separados, Denys ofrécese a axudala. O último día de Karen en Kenya, Denys ten un accidente na súa avioneta e falece, enterrándose logo nas montañas de Ngong.

Personaxes Meryl Streep como Karen Christence Dinesen Blixen Robert Redford como Denys George Finch Hatton Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia. Klaus Maria Brandauer como Barón Hans Blixen Michael Kitchen como Berkeley Cole Malick Bowens como Farah Joseph Thiaka como Kamante Stephen Kinyanjui como Kinanjui Michael Gough como Lord Delamere Suzanna Hamilton como Felicity Rachel Kempson como Lady Belfield Graham Crowden como Lord Belfield Leslie Phillips como Sir Joseph Mike Bugara como Juma Shane Rimmer como Belknap, encargado da granxa Job Seda como Kanuthia

Galardóns e nomeamentos Out of Africa é unha película multipremiada, destacando que foi a máxima gañadora dos Óscar 1985: CategoríaPersoaResultadoÓscar ó mellor filme Sydney Pollack GañadorÓscar ó mellor director Sydney Pollack GañadorÓscar ó mellor guión adaptado Kurt Luedtke Gañador Óscar á mellor banda sonora John Barry GañadorÓscar á mellor fotografía David Watkin GañadorÓscar á mellor dirección de arte Stephen GrimesJosie MacAvin Gañador Óscar á mellor edición de sonChris Jenkins Gary Alexander Larry StensvoldPeter Handford GañadorÓscar á mellor actriz Meryl Streep NomeadaÓscar ó mellor actor secundario Klaus Maria Brandauer NomeadoÓscar ó mellor deseño de vestiario Milena Canonero NomeadoÓscar á mellor montaxe Fredric Steinkamp William Steinkamp Pembroke J. HerringSheldon KahnNomeadoBAFTA ó mellor guión adaptado Kurt Luedtke GañadorBAFTA á mellor fotografía David Watkin GañadorBAFTA á mellor actriz Meryl StreepGañadorBAFTA ó mellor actor secundario Klaus Maria BrandauerNomeadoBAFTA ó mellor vestiario Milena Canonero NomeadoBAFTA á mellor música John BarryNomeadoGlobo de Ouro á mellor película - Drama Sydney Pollack GañadorGlobo de Ouro ó mellor actor secundario Klaus Maria Brandauer GañadorGlobo de Ouro á mellor banda sonora John Barry GañadorGlobo de Oro á mellor actriz - Drama Meryl StreepNomeadoGlobo de Oro ó mellor director Sydney Pollack NomeadoGlobo de Oro ó mellor guión Kurt Luedtke NomeadoPremio da Sociedade británica de Fotografía David Watkin GañadorDavid de Donatello á mellor actriz estranxeira Meryl Streep GañadorDavid de Donatello á mellor película estranxeira Sydney Pollack GañadorPremios da crítica de Londres, Os Ánxeles, Nova York, Italia e Alemaña Sydney Pollack Gañador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sydney Pollack Categoría:Filmes con banda sonora de John Barry Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en Kenya Categoría:Filmes ambientados no Imperio Británico Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes rodados en Kenya Categoría:Filmes de 1985 con versión en galego