Ao pé do abismo é un libro da escritora galega Rosa Aneiros publicada no 2007. É un compendio de escritos seus realizados en varios medios e de temáticas moi diferentes.

Contén o artigo "A última vaca", premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego.

Contido e características Hai algúns escritos orixinais e outros xa foran escoitados ou lidos en: El País, Nove Ondas, revista Turgalicia, Un día por diante (Radio Galega), Casa da Gramática, Grial, Agardando as lagarteiras en culturagalega.org, revista do Celta, Revista das Letras de El Correo Gallego, Faro de Vigo, revista Camballón dixital, Compostelán, La Voz de Galicia, As pegadas do camiño (Acción contra el Hambre), Fadamorgana, O son das buguinas, O lagarto pintado, El Progreso, Cerna (Adega).

Os distintos relatos ás veces teñen unha intención xornalística de informar e outros son relatos en primeira persoa de acontecementos que poderían ser reais pero que son ficción, mais o abano é moi amplo. Cóntanse historias da súa familia, da condición da muller, fala de persoeiros, filmes, libros, lugares, paisaxes…

Véxase tamén Ligazóns externas Ao pé do abismo na Casa das Letras.

Categoría:Obras literarias de 2007 Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Edicións Xerais de Galicia