Sicorax é a lúa retrógrada irregular máis grande de Urano. Sicorax foi descuberta o 6 de setembro do 1997, xunto con Calibán, por Brett J. Gladman, Philip D. Nicholson, Joseph A. Burns, e John J. Kavelaars usando o telescopio Hale de 200 polgadas e recibiu a designación temporal de S/1997 U 2.

Designada tamén coma Urano XVII, foi máis tarde bautizada co nome de Sicorax, a nai de Calibán, na obra de William Shakespeare, A tempestade.

Órbita Sicorax segue unha orbita distante, a máis de 20 veces máis distancia da que separa Urano da súa lúa regular máis afastada, Oberón. A súa órbita e retrógrada, moderadamente inclinada e excéntrica. Os parámetros orbitais suxiren que poida que, xunto con Setebos e Próspero, pertenzan a un mesmo conxunto de lúas cunha orixe común.

O diagrama ilustra os parámetros orbitais dos satélites irregulares de Urano (en coordenadas polares) coa excentricidade das órbitas representadas polos segmentos que se estende dende o pericentro ó apocentro.

Características físicas miniatura|dereita|Satélites retrógrados irregulares de Urano O diámetro Sicorax está estimado en 150 km (asumindo un albedo de 0,04), facendo dela a lúa irregular máis grande de Urano, comparable en tamaño con Puck e con Himalia, a lúa irregular máis grande de Xúpiter.

O satélite semella ter unha cor vermella no espectro visible (índices de cor B–V = 0,87 - V–R = 0,44, - B–V = 1,01 - V–R = 0,48, - B–V = 0,839 ± 0,014 - V–R = 0,531 ± 0,005), máis vermello cá Himalia pero por debaixo da meirande parte dos obxecto do cinto de Kuiper. Subliñar que o espectro infravermello tornase azul entre 0,8 e 1,25 μm e finalmente tornase neutral con lonxitudes de onda maiores.

O período de rotación de Sicorax está estimado en 3,6 horas. A rotación causa variacións periódicas da magnitude visible cunha amplitude de 0,07.

Orixe Ó redor de Sicorax existe a teoría de que podería ser un corpo capturado. Non se formou no disco de acrección, o cal existía ó redor de Urano, xusto despois da formación do planeta. O mecanismo de captura é descoñecido, pero capturar unha lúa require a disipación de enerxía. O posible proceso de captura incluiría: o arrastre do gas do disco protoplanetario, varios corpos interactuando e a captura durante o rápido proceso de aumento da masa de Urano.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Urano

Ligazóns externas

Sycorax Profile(by NASA's Solar System Exploration) David Jewitt pages Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) Ephemeris IAU-NSES

Categoría:Lúas de Urano