Gjorge Ivanov (en macedonio: Ѓорге Иванов) é un político macedonio e presidente de Macedonia do Norte dende o ano 2009.

Traxectoria Gjorge Ivanov naceu na localidade de Valandovo o 2 de maio de 1960, ao sueste da República Socialista de Macedonia (nesa época parte de Iugoslavia). Nesta cidade culminou a súa educación primaria e secundaria. Aos 27 anos, Ivanov abandonou a súa cidade natal para mudarse a Skopje. Até 1990, fora un activista da Xuventude Comunista de Iugoslavia.

Campaña presidencial O 25 de xaneiro de 2009, o partido máis influente na Asemblea de Macedonia do Norte, o VRMO-DPMNE escolleu a Ivanov como o seu candidato presidencial para as eleccións presidenciais de 2009.

Durante a súa campaña presidencial, Ivanov declarou que se fose electo convocaría unha reunión co Presidente de Grecia e tentaría unha resolución conxunta con este país sobre a disputa polo nome de Macedonia.

Presidencia Un día despois da súa elección o 12 de maio de 2009, Ivanov reafirmou o seu compromiso da colaboración mutua con Grecia reuníndose co seu homólogo grego Karolos Papoulias.

Despois de ser electo como Presidente, declarou publicamente os seus obxectivos de presidencia. Entre estes cítanse o ingreso de Macedonia do Norte na Unión Europea e na OTAN, a recuperación económica do seu país, a estabilidade interna e a mellora das relaciones coas minorías étnicas e os países veciños, especialmente con Grecia.

Notass

Véxase tamén Outros artigos Nikola Gruevski, primeiro ministro de Macedonia do Norte.

Categoría:Presidentes de Macedonia do Norte Categoría:Alumnos da Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje Categoría:Nados en Macedonia do Norte Categoría:Nados en 1960