Emilia Pérez Castellanos, coñecida artisticamente como Ninón Sevilla, nada o 10 de novembro de 1921 na Habana e finada o 1 de xaneiro de 2015 na Cidade de México, foi unha actriz cubana, unha das máximas expoñentes do chamado "Cinema de Rumberas" nas décadas de 1940 e 1950. Trátase dunha das estrelas cubanas máis internacionais xunto coa tamén bailarina e cantante Rosita Fornés. Conxuntamente con Pérez Prado, puxo de moda o mambo en México, onde ambos os dous foron facer carreira.
Filmografía parcial Pecadora (1947) Señora Tentación (1948) Perdida (1950) Aventurera (1950) Víctimas del Pecado (1951) Sensualidad (1951) Mulata (1954) Yambao (1957) Mujeres de Fuego (1959)
Telenovelas Rosa Salvaje (1987) Cuando llega el amor (1990) Las secretas intenciones (1993) María la del barrio (1995) La Usurpadora (1998) Rosalinda (1999) Tres mujeres (1999) Central de abasto (2008)
Véxase tamén
Bibliografía Muñoz Castillo., Fernando (1993). Las Reinas del Trópico: María Antonieta Pons, Meche Barba, Ninón Sevilla, Amalia Aguilar & Rosa Carmina. Grupo Azabache. ISBN 968-5077-11-8. Agrasánchez Jr., Rogelio (2001). Bellezas del cine mexicano/Beauties of Mexican Cinema. Archivo Fílmico Agrasánchez. ISBN 968-5077-11-8.
Ligazóns externas Ninón Sevilla, canda a orquestra de Pérez Prado, interpreta o tema La Cocaleca Ninón Sevilla en cinemexicano . Biografía de Ninón Sevilla en esmas.com .
Categoría:Actores de Cuba Categoría:Actores de televisión de México Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados na Habana Categoría:Finados en 2015 Categoría:Actores de cinema de México