Antonio Sanjurjo Badía, coñecido polo alcume herdado do pai de Habilidades,"Antonio Sanjurjo Álvarez. Sada, 1815 nado en Sada en 1837 e finado en Vigo o 8 de xaneiro de 1922El Ideal Gallego, 10-1-1922, p. 1., foi un inventor galego.

miniatura|250px|Placa feita por Alejandro Curty en Vigo. Traxectoria Fillo de Antonio Sanjurjo Álvarez, propietario dun taller e unha reloxaría e membro dunha familia de once irmáns, emigrou sendo un mozo, aos 16 anos, a Cuba, para despois de cinco anos regresar a Vigo e estabelecer o seu propio obradoiro e máis tarde comezar cun negocio relacionado cos estaleiros, baseado na construción de máquinas e caldeiras de vapor, entre outras cousas. Na primeira década do século XX adquiriu nunha poxa os vehículos a vapor da desaparecida liña de transporte de pasaxeiros entre A Coruña e Santiago de Compostela, e máis tarde fixo o mesmo cos automóbiles das liñas Ourense-Verín e Ferrol-Betanzos. Nos seus talleres de fundición "La Industriosa" de Vigo adaptou e equipou os dez vehículos, converténdoos nuns autobuses máis cómodos e seguros, cos que reabriu o 20 de xuño de 1906 a liña entre Santiago e A Coruña, cidades nas que instalou tamén senllos talleres de reparación, así como un restaurante a medio camiño, en Ordes. A estes autobuses a vapor sumou tamén varios con motores de combustión interna.

Ademais destas innovacións no ámbito da técnica, tamén creou nas súas fábricas unha irmandade de traballadores onde outorgaba aos seus traballadores un seguro de enfermidade, un salario vitalicio tras a xubilación e descanso os domingos.Cañada, Blas: "Antonio Sanjurjo Badía: Uno de los más grandes empresarios" .

Casou con Concepción Otero García, filla de Ramón María Otero, dono do pazo da Mota en Riobó,Otero Vich, José Manuel: «Los Oteros…y la llamada de la selva» Faro de Vigo, 31/7/2010 . e chegou a ser concelleiro de Vigo sendo alcalde Antonio López de Neira.

Aínda en vida, o 27 de febreiro de 1921, o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa da cidade.

Os seus restos repousan no Cemiterio de Pereiró.

Primeiro submarino galego miniatura|250px|Cemiterio de Pereiró. O 12 de agosto de 1898,"No contexto da guerra de Cuba a boia lanzaminas (botada ao mar o 12 de agosto de 1898) tiña o propósito de..." Museo do Mar de Galicia. en Vigo, Antonio Sanjurjo probou un enxeño submarino da súa invención, ao que deu en chamar boia submarina,Personaxes da emigración: Sanjurjo Badía en presenza do gobernador militar. A proba foi satisfactoria, o aparello aguantou unha hora e media mergullado e despois varias inmersións de 45 minutos. A finalidade do invento era a defensa de Vigo ante un posíbel ataque da frota estadounidense daquela en guerra con España. Non obstante, ese mesmo día asinábase o tratado de paz, polo que a súa utilización non foi necesaria.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, T. 3, p. 229. Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Ligazóns externas Sanjurjo Badía, un xenio inventor, Gciencia, 8 de abril de 2015. Vigopedia. Biografias. Antonio Sanjurjo Badía . El Arma Submarina Española .

Categoría:Inventores de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración