DaJuan Michael Summers, nado o 24 de xaneiro de 1988 en Baltimore (Maryland), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Con 2,03 metros de altura, xoga na posición de ala.

Traxectoria Universidade Xogou durante tres tempadas cos Hoyas da Universidade de Georgetown, nas que conseguiu 11,2 puntos e 4,4 rebotes por partido. Na súa primeira tempada foi incluído no mellor quinteto rookie da Big East Conference e no mellor quinteto do torneo, tras facer 9,2 puntos e 3,7 rebotes, sendo titular en 34 dos 37 partidos disputados. A súa actuación máis salientable produciuse nos cuartos de final da NCAA ante North Carolina, conseguindo 20 puntos e 6 rebotes.Georgetown Hoyas vs. North Carolina Tar Heels - Box Score - March 25, 2007

Na súa segunda tempada conseguiu ser incluído no segundo mellor quinteto do distrito, ao conseguir 11,1 puntos, 5,4 rebotes e 1,5 asistencias por partido. Conseguiu a súa mellor marca persoal de anotación ante South Florida, con 24 puntos, aos que engadiu 9 rebotes.South Florida Bulls vs. Georgetown Hoyas - Box Score - February 05, 2008 Xa na súa derradeira tempada acadou as dobres figuras en 25 ocasións, incluídos 19 partidos consecutivos, para rematar con 13,6 puntos e 4,1 rebotes por partido. Ao remate da tempada declarouse elixible para o draft da NBA.Georgetown's Summers declares for NBA draft

Profesional Foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons, cos que xogou a liga de verán de Las Vegas, conseguindo en 5 encontros 18,0 puntos e 5,4 rebotes por partido.

En xullo de 2011, asinou co Montepaschi Siena por dúas tempadas. Porén, deixou o equipo en outubro de 2011.Summers, Montepaschi Siena Part Ways En decembro volveu á NBA cos New Orleans Hornets, e foi cortado polo equipo o 8 de febreiro de 2012.

O 22 de setembro de 2015, asinou cos New York Knicks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Ficha de Summers en Basketpedya.com Estatísticas de Summers na NCAA

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do Mens Sana Basket Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do Karşıyaka SK Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)‎