A Universidade de Zürich (UZH, en alemán: Universität Zürich), situada na cidade de Zürich, é a universidade máis grande de Suíza, con máis de 24.000 estudantes. Foi fundada en 1833 a partir dos actuais institutos de Teoloxía, Dereito, Medicina e da creación dunha facultade de Filosofía. Actualmente, a universidade ten as facultades de Artes, Economía, Dereito, Medicina, Ciencias, Teoloxía e Medicina Veterinario, ofrecendo a máis ampla gama de materias e cursos de calquera institución de educación superior de Suíza.

Historia A universidade de Zürich foi fundada o 29 de abril de 1833, cando os colexios de Teoloxía (fundado por Huldrych Zwingli en 1525), Dereito e Medicina fusionaron xunto cunha nova facultade de Filosofía. Foi a primeira universidade en Europa que se fundou polo propio Estado en lugar de por un monarca ou unha confesión relixiosa. A universidade permite ás mulleres asistir a clases de filosofía desde 1847, e admitiu a primeira muller para estudos de doutoramento en 1866. A Facultade de Medicina Veterinaria engadiuse en 1901, e é a máis antiga deste tipo no mundo docente. En 1914, a universidade trasladouse a novas instalacións deseñadas polo arquitecto Karl Moser en Ramistrasse 71.

Facultades As súas mellores facultades en termos de calidade son a Facultade de Ciencias Económicas, que se atopa no décimo segundo posto de Europa e no primeiro posto de Suíza(ver: http://www.uzh.ch/news/articles/2008/3082.html ), a Facultade de Medicina e a Facultade de Ciencias, que se sitúan entre o dez primeiras de Europa. A Universidade de Zürich no seu conxunto tamén se clasifica entre as dez primeiras do continente e entre as cincuenta mellores do mundo. Destaca nos campos da biociencia e finanzas, existindo unha estreita colaboración entre esta universidade e a Escola Politécnica Federal.

Premios Nobel A Universidade de Zürich contou con varios premios Nobel como Albert Einstein, Erwin Schrödinger, un dos fundadores da mecánica cuántica e Wilhelm Conrad Röntgen, a primeira persoa en gañar o Premio Nobel de Física.

Antigos alumnos galardoados co Nobel Carl Spitteler (Literatura, 1919) Albert Einstein (Física, 1921); tamén traballou na Universidade. Walter Rudolf Hess (Medicina 1949); tamén traballou na Universidade.

Profesores galardoados co Nobel Theodor Mommsen (Literatura, 1902) Alfred Werner (Química 1913) Max von Laue (Física 1914) Albert Einstein (Física, 1921) Erwin Schrödinger (Física 1933) Peter Debye (Química 1936) Paul Karrer (Química 1937) Leopold Ružička (Química 1939) Walter Rudolf Hess (Medicina 1949) Karl Alexander Müller (Física 1987) Rolf M. Zinkernagel (Medicina 1996)

Categoría:Universidade de Zürich