miniatura|dereita|Cary Grant Archibald Alexander Leach, coñecido como Cary Grant, nado en Bristol o 18 de xaneiro de 1904 e finado en Davenport o 29 de novembro de 1986, foi un actor estadounidense de orixe inglesa. Chegou a ser un dos actores de Hollywood máis populares durante décadas, non só polo seu atractivo físico, senón tamén pola súa elegancia, o seu encanto e a súa agudeza. Del dicíase que actuaba ben ata de costas. Traballou con moitas grandes divas do cinema de Hollywood da súa época: Marlene Dietrich, Mae West, Grace Kelly, Marilyn Monroe, Rita Hayworth, Katharine Hepburn, Sophia Loren, Joan Fontaine, Ingrid Bergman, Ginger Rogers, Doris Day, Deborah Kerr e Audrey Hepburn entre outras. O personaxe de James Bond inspírase parcialmente nel. Segundo a lista do American Film Institute, está considerado a segunda estrela masculina máis importante dos primeiros cen anos do cine estadounidense.
Adoitaba desempeñar papeis de galán, simbolizando a elegancia.
Filmografía A grande aventura de Silvia (1935) Domando a fera (1938) Sospeita (1941) Coa morte nos talóns (1959) Charada (1963)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Filmografía e fotos "The Man From Dream City" de Pauline Kael, publicado en The New Yorker, o 14 de xullo de 1975.
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en Bristol Categoría:Óscar honorífico