Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, nado en Vilalba o 27 de xuño de 1951, é un profesor, cantante e escritor galego.
Traxectoria Titulado en Maxisterio. Formou parte da banda Fuxan os Ventos dende a súa fundación en 1972 até 1983 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), formar A Quenlla. No ano 2007 cedeu, canda a "Mini", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao Museo do Pobo Galego. Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego. No 2018 anunciou a disolución do dúo A Quenlla debido a diferenzas persoais con Mini.
No 2023 publicou 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, dando a súa versión persoal sobre a historia do grupo.
Obra Poesía Na lonxitude do tempo, 2005, Espiral Maior. Recendos de luz e de sombra, 2006, Fundación Manuel María. No papel que mudo escoita, 2011, Irmandade Manuel María. Doce ducias, 2016, Instituto de Estudos Chairegos. Memorias 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío (2023). Vigo: Galaxia. 228 páxs. ISBN 978-84-9151-975-1.
Catálogos
Catálogo de canar de cego galego. Volume 1: voandeiras (2025). Companha Editora. 240 páxs. ISBN 9791399052862.
Obras colectivas Contos de vellos para nenos, con Mini, 1995. Somos lenda viva, con Mini, 1996, Citania. Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. E de súpeto o inverno, 2017, Agalir. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Premios Premio de poesía Prados Ledesma do Concello de Viveiro no 2002, por Na lonxitude do tempo. Premio Pedrón de Ouro no 2009, por toda a súa carreira de divulgación da cultural oral de Galiza, xunto ao seu compañeiro Mini. Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda en 2012, xunto con Mini. Notas
Véxase tamén Outros artigos Xosé Luís Rivas, Mini Mini e Mero A Quenlla Fuxan os Ventos Ligazóns externas Perfil en "As escollas electivas"
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1951 Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:A Quenlla Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia