A Liga de Campións da UEFA 2006-07 foi a edición número 52 na historia desta competición. Disputouse entre xuño de 2006 e maio de 2007, coa participación inicial de 73 equipos, representantes de 49 federacións nacionais diferentes.

A fase final da competición deu inicio en setembro de 2006, con 32 equipos competindo polo trofeo que defendía o FC Barcelona, trala súa vitoria na edición 2005-06. O campión final do torneo foi AC Milan, despois de derrotar ao Liverpool FC na final, disputada o 23 de maio no Estadio Olímpico de Atenas, mercé a dous goles do seu dianteiro Filippo Inzaghi, para acabar cun resultado final de 2-1. Para os italianos supuxo a súa sétima conquista da máxima competición europea, quedando a dous títulos do Real Madrid, que acumulaba un total de nove.

Fase de Grupos

Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif border|20px Chelsea FC1364111046border|20px FC Barcelona1163211248border|20px Werder Bremen106312752border|20px Levski Sofia06006117-16

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif border|20px Bayern de Múnic1263301037 border|20px Inter de Milán106312550 border|20px Spartak Moscova56123711-4 border|20px Sporting de Lisboa5612336-3

Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif border|20px Liverpool FC1364111055 border|20px PSV Eindhoven106312660 border|20px Girondins de Bordeos7621367-1 border|20px Galatasaray46114711-4

Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif border|20px Valencia CF1364111266 border|20px AS Roma106312844 border|20px FC Shakhtar Donetsk66132611-5 border|20px Olympiakos36033611-5

Grupo E Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif border|20px Olympique de Lyon1464201239 border|20px Real Madrid1163211486 border|20px Steaua Bucarest56123711-4 border|20px Dynamo de Kíiv26024516-11

Grupo F Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif border|20px Manchester United1264021055 border|20px Celtic FC9630389-1 border|20px SL Benfica7621378-1 border|20px FC København7621358-3

Grupo G Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif border|20px Arsenal FC116321734 border|20px FC Porto116321945 border|20px PFC CSKA Moscova8622245-1 border|20px Hamburgo SV36105715-8

Grupo H Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif border|20px AC Milan106312844 border|20px Lille OSC96231853 border|20px AEK Atenas8622269-3 border|18px RSC Anderlecht46042711-4

Eliminatorias

250px|miniatura|dereita|Aliñacións titulares dos dous equipos na final.

Final O partido final disputouse o 23 de maio, no Estadio Olímpico de Atenas, o Spyros Louis. Os dous equipos que a disputaron, Liverpool FC e AC Milán, eran dous dos grandes dominadores da competición ao longo da súa historia. Ámbolos dous eran os equipos máis laureados, por detrás do Real Madrid, con cinco e seis títulos respectivamente, antes da disputa do encontro. O AC Milán xa sabía o que era acadar o título de campión na capital grega, pois trece anos antes vencera no mesmo estadio por 0-4 ao FC Barcelona. Porén, facía só dúas temporadas que perdera outra final xustamente contra o Liverpool FC, caendo na quenda de penaltis despois de empatar a tres goles no tempo regulamentario.

Finalmente o AC Milán, acabou impoñéndose ó Liverpool FC por 2 goles a 1, con 2 goles de Filippo Inzaghi a prol do AC Milán no minutos 45 e 82, e un gol de Dirk Kuyt a prol do Liverpool FC no minuto 89.

Deste xeito o AC Milán acadou por sétima vez na súa historia o título de campión de Europa.

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA AC Milán Liverpool FC Kaká

Categoría:Fútbol en 2007 Categoría:Liga de Campións da UEFA