180px|dereita

Alain Badiou, nado en Rabat o 17 de xaneiro de 1937, é un filósofo, dramaturgo e novelista francés de orientación maoísta.

Traxectoria

O seu pai, Raymond Badiou (1905-1996), foi membro da SFIO (Section française de l'Internationale ouvrière), formando parte da Resistencia francesa durante a ocupación nazi, e alcalde de Tolosa entre 1944 e 1958.

Realizou estudos de filosofía na École Normale Supérieure de París entre 1956 e 1961. Impartiu leccións na Universidade de París e na ENS entre 1969 e 1999, cando foi nomeado director do departamento de filosofía. Tamén imparte cursos no Collège international de philosophie. Foi discípulo de Louis Althusser, influenciado polos seus primeiros traballos epistemolóxicos. Tamén é seguidor de Jacques Lacan e Mao Zedong.

Militante desde novo, foi membro fundador do PSU en 1960. Implicado nos movementos políticos arredor do maio francés, e simpatizante da esquerda maoísta, ingresou na Union des communistes de France Marxiste-Léniniste en 1969. Actualmente participa no grupo L'Organisation Politique, xunto con Sylvain Lazarus e Natacha Michel.

A súa obra principal é L'Être et l'Événement (O ser e o coñecemento, 1988), onde defende que as matemáticas constitúen a verdadeira ontoloxía, ou "ciencia do ente en canto ente". En 2006 publicou a segunda parte, Logique des mondes. L'être et l'événement 2.

Publicacións Hai oito obras súas traducidas ó galego:A conexión galega da insurxencia Rapsodia polo teatro: breve tratado filosófico (Sotelo Blanco, 1994); Traducida por Luis Martul e Emilio Araúxo, que tamén traduciu a obra ó castelán. Dun desastre escuro e outros textos (Laiovento, 1995). Traducida por Francisco Sampedro. ISBN 978-84-87847-62-2. A Ética. Ensaio sobre a conciencia do Mal (Noitarenga, 1995). Traducida por Emilio Araúxo e Luis Martul. ABNM (Noitarenga, 1997). Beckett (Noitarenga, 1997). Para unha nova teoría do suxeito (Noitarenga, 2000). A Revolución Cultural (Noitarenga, 2003). Alén da formalización (Noitarenga, 2005). Pequeno panteón portátil (Laiovento, 2009). Traducida por Francisco Sampedro.

Filosofía Le Concept de modèle, éditions François Maspero, París, 1969. Théorie de la contradiction, éditions François Maspero, París, 1975. Théorie du sujet, Seuil, 1982. Peut-on penser la politique ?, Seuil, 1985. L'Être et l'Événement, Seuil, 1988. Manifeste pour la philosophie, Seuil, 1989. Le Nombre et les Nombres, Seuil, 1990. Conditions, Seuil, 1992. Saint Paul. La fondation de l’universalisme, PUF, París, 1997. L'Éthique, essai sur la conscience du mal, Hatier, París, 1993 (reedición Nous, Caen, 2003). Deleuze, Hachette, 1997 Abrégé de métapolitique, Seuil, 1998. Court Traité d'ontologie provisoire, Seuil, 1998. Petit Manuel d'inesthétique, Seuil, 1998. Le Siècle, Seuil, París, 2005. Logiques des mondes. L'être et l'événement, 2, Seuil, París, 2006. Le Concept de modèle. Introduction à une épistémologie matérialiste des mathématiques, Fayard, París, 2007 (reedición, aumentada cun longo prefacio, do libro publicado en 1969). Petit Panthéon portatif, La Fabrique, París, 2008.

Ensaios políticos Dun desastre escuro e outros textos (D'un désastre obscur), éditions de l'Aube, 1991. Circonstances, 1. Kosovo, 11 septembre, Chirac/Le Pen, Lignes & Manifeste, 2003. Circonstances, 2. Irak, foulard, Allemagne/France, Lignes & Manifeste, 2004. Circonstances, 3. Portées du mot «juif», Lignes & Manifeste, 2005. Circonstances, 4. De quoi Sarkozy est-il le nom?, Nouvelles Éditions Lignes, 2007.

Novelas Almagestes. Trajectoire inverse I, Le Seuil, 1964. Portulans. Trajectoire inverse II, Le Seuil, 1967. O terceiro tomo de Trajectoire inverse, anunciado baixo o título de Bestiaires, nunca foi publicado. Calme bloc ici-bas, P.O.L., 1997.

Pezas de teatro L'Écharpe rouge (romanopéra), Maspero, 1979. Ahmed le subtil, Actes-Sud, 1984. Ahmed Philosophe, suivi de Ahmed se fâche, Actes-Sud, 1995. Les Citrouilles (comédie), Actes-Sud, 1996.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Charles Ramond (éd), Penser le multiple, París, Éditions L'Harmattan, 2002 Fabien Tarby, La Philosophie d'Alain Badiou, París, Éditions L'Harmattan, 2005 Fabien Tarby, Matérialismes d'aujourd'hui : de Deleuze à Badiou , París, Éditions L'Harmattan, 2005 Bruno Besana et Oliver Feltham (éd), Écrits autour de la pensée d'Alain Badiou, París, Éditions L'Harmattan, 2007. Rémy Bac, La soustraction de l'être, París, Le grand souffle, 2008.

Ligazóns externas Dúas conferencias de Alain Badiou "El estatuto filosófico del poema después de Heidegger", por Alain Badiou La ética. Ensayo sobre la conciencia del Mal, por Alain Badiou "Panorama de la Filosofía Francesa Contemporánea", por Alain Badiou Bibliografía de Alain Badiou

Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Alumnos da École Normale Supérieure Categoría:Nados en Rabat Categoría:Nados en 1937