Genoveva Forest i Tarrat, máis coñecida como Eva Forest, nada en Barcelona en 1928 e finada en Hondarribia (Guipúscoa) o 19 de maio de 2007, foi unha novelista, ensaísta e escritora de contos catalá.

Traxectoria Naceu nunha familia anarquista barcelonesa en 1928, e trasladouse en 1948 a Madrid para estudar medicina. Casou en 1956 co dramaturgo Alfonso Sastre, co que tivo tres fillos. Coñecida polas súas obras de denuncia e a súa proximidade ó mundo proetarra, dedicou a súa vida desde moi nova á defensa dos Dereitos Humanos, á loita feminista, e contra a tortura, motivos polos que estivo presa en máis dunha ocasión. Pasou case tres anos en prisión preventiva, no cárcere de Yeserías, como autora intelectual do atentado que ETA cometeu contra o almirante Carrero BlancoArtigo en El Mundo sobre a preparación do atentado estando en prisión ata a amnistía xeral de 1977.

Obras Ensaios Operación Ogro, Hendaya, Ruedo Ibérico, 1974. Diario y cartas desde la cárcel, París, 1975. Testimonios de lucha y resistencia, París, 1976. Tortura y sociedad, (coatura) Madrid, Ed. Revolución, 1982. Onintze en el país de la democracia, Madrid, Ediciones Libertarias, 1985. Tortura y Democracia, GGAA, 1987. Dispersión, Hondarribia, Editorial Hiru, 1993 Proceso al jurado, Hondarribia, Ed. Hiru, 1997. Los nuevos cubanos, 1997, inédito Manual de solidarios, Hondarribia, Ed. Hiru, 1999. Irak, ¿un desafío al nuevo orden mundial?, Hondarribia, Ed. Hiru, 1999. El uranio empobrecido, (coautora), Hondarribia, Ed. Hiru, 2001. El retorno de los intelectuales (coautora), Hondarribia, Ed. Hiru, 2004

Narrativa Febrero. Inédita, 1956. Huelga General. Inédita, 1958. Cuentos. Inédita. El jardín. Inédita. La casa. Inédita. Una extraña aventura, Hondarribia, Ed. Hiru, 2003.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Eva Forest.

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2007