José María Montoto López Vigil, nado en Santolaya (Cabranes) o 28 de abril de 1818 e finado en Sevilla o 18 de marzo de 1886, foi un xurisconsulto, avogado e escritor do século XIX.
Traxectoria Naceu en Asturias, mais viviu en Sevilla dende meniño, ao falecer seus pais, Pedro Montoto Blanco e Josefa López-Vigil Pando. En Sevilla conviviu co seu tío, o cóengo Don Luis López-Vigil y Pando. Estudou Dereito na Universidade de Sevilla, licenciándose o 23 de xullo de 1841. Especializouse e considerouse como unha autoridade en investigación histórica e xurídica.
Ademais de varios traballos en opúsculos sobre materias de Dereito. A súa obra máis coñecida é Historia de don Pedro I de Castilla.
Politicamente, simpatizaba co carlismo. No ano 1870 fundou un xornal de breve vida chamado "El Desengaño".
Empregou o pseudónimo de Osén Hoja Timorato.
Contraeu matrimonio con María de los Ángeles Rautenstrauch y Giovanelli, coa que tivo tres fillos, María Teresa (1849-1905), Luis (1851-1929) e Carlos, antes de que súa dona morrese de cólera no 1854.
Feneceu en Sevilla e atópase soterrado na igrexa de San Bartolomé.
Véxase tamén
Bibliografía Montoto López Vigil, José María, Historia de don Pedro I de Castilla. Sevilla: Editorial Ibérica, 1845.
Categoría:Nados en Cabranes Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1886 Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla