A Cidade de San Marino, dita tamén simplemente San Marino (en italiano Città di San Marino) é a capital da República de San Marino, situada sobre o monte Titano, na Península Itálica. No ano 2006 tiña 4.426 habitantes.
Características xerais É a terceira poboación do país, tras Borgo Maggiore e Dogana. Subdivisión de Serravalle) e tamén a cabeza do castello homónimo, cunha extensión de 7,09 km², que comprende aínda algunhas divisións como Murata.
Xeografía A Cidade de San Marino está sita a 675 m sobre o nivel do mar, sobre o monte Titano, cuxa cima se acha a 749 m. O territorio do seu concello (castello) confina cos castelli de Acquaviva, Borgo Maggiore, Fiorentino e Chiesanuova e máis co concello (comune) italiano de San Leo.
Freguesías (curazie) Cà Berlone Canepa Casole Castellaro Montalbo Murata Santa Mustiola
Historia A lenda atribúe a fundación da Cidade de San Marino en 301 a San Mariño. Logo de obter estatuto municipal no ano 1295, ampliou o seu territorio até chegar aos actuais confíns no 1463, despois de combater contra os Malatesta.
A ver O Palazzo Pubblico, de estilo neogótico, foi reconstruído sobre os alicerces do orixinario "Parva Domus Communis", polo arquitecto Francesco Azzurri, en (1894). A Basílica de San Marino. A Igrexa de San Francesco. A Pinacoteca-Museo, anexo á igrexa anterior, do século XIV. A Igrexa de San Pietro. O Museo do Estado. A Ara dei Volontari. O Teatro Titano, do XVIII. Poden visitarse tamén dúas das tres torres no monte Titano. miniatura|dereita|250px|O funicular que une Borgo Maggiore e a Cidade de San Marino. Patrimonio Mundial da Humanidade Desde 2008 o centro histórico foi inscrito pola UNESCO na lista do Patrimonio da Humanidade, formando parella co Monte Titano.Inscricións no Patrimonio da Humanidade O motivo exposto polo comité fala do "testemuño de continuidade dunha república libre desde o Medioevo".Cédula da UNESCO En pormenor foron inscritos no patrimonio: torres, murallas, portas e bastións, unha basílica neoclásica do ottocento, algúns conventos do XIV e XVI, o Teatro Titano do século XVIII e máis o Palazzo Pubblico do século XIX.
Personalidades ligadas a San Marino Giuliano Gozi, político.
Transportes e infraestruturas A cidade conta cun funicular que a comunica con Borgo Maggiore. A estrada principal é a SS 72, de 4 carrís en case todo o seu percorrido, e que a une directamente con Rimini.
Desde 1932 a 1944 funcionou o Ferrocarril Rimini-San Marino, completamente financiada pola Italia fascista de Benito Mussolini, logo dun acordo en 1927. Foi destruída o 26 de xuño de 1944, tras os bombardeos realizados pola Desert Air Force, durante a segunda guerra mundial. Foi desmontada entre 1958 e 1960.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Monte Titano
Ligazóns externas Castello de San Marino Web da oficina turística de San Marino
San Marino, Cidade de Categoría:Capitais de Europa Categoría:Patrimonio da Humanidade en San Marino