miniatura|dereita|400px|Jarmo localízase na zona máis occidental do Crecente Fértil Jarmo ou tamén Qala'at Jarmo, do kurdo Qala'at Charmay "castelo branco", é un sitio prehistórico neolítico do Oriente Próximo.

Situación Jarmo está sito no Curdistán iraquí, preto da cidade de As Sulaymaniyah e ao leste de Kirkük, nas abas occidentais dos Montes Zagros, a uns 800 m de altitude sobre o nivel do mar. As súas coordenadas son 35º 34' N e 44º 55' L.

Descuberta e escavacións O sitio foi descuberto inicialmente Dirección de Antigüidades de Iraq en 1940, que máis tarde o puxo en coñecemento do arqueólogo Robert Braidwood (1907-2003), da Universidade de Chicago, cando este andaba a buscar lugares propicios para investigar sobre a orixe da Revolución neolítica. Braidwood escavou, dentro do programa Iraq-Jarmo, ao longo de tres campañas: 1948; 1950-1951 e 1954-1955; unha cuarta campaña, a realizar entre 1958-59, ficou malograda a causa do estalido da revolución en Iraq. Cando quixo máis tarde reemprender o seu plan de investigacións sobre o Crecente Fértil, as dificultades atopadas en Irán, onde escavou en Tepe Asyab, levárono en 1963 a Turquía.

Novos métodos arqueolóxicos Durante as escavacións en Jarmo, e máis exactamente durante a campaña de 1954-55, Braiwood implantou un sistema multidisciplinario por vez primeira, a fin de refinar os métodos de investigación e obter os mellores resultados en busca das orixes da domesticación de plantas e animais. O norteamericano empregou no seu equipo un xeólogo (Herbert Wright), un paleobotánico (Hans Helbaek), un especialista en cerámica e en radiocarbono (Frederic Matson) e mais un zoólogo (Charles Reed), amén de varios arqueólogos. O método multidisciplinario en arqueoloxía sería, en adiante, utilizado en calquera escavación que se prezase de científicaPatty Jo Watson, Robert Braidwood, edic. dixital in https://web.archive.org/web/20051226150543/http://www.aps-pub.com/proceedings/1492/490208.pdf.

Jarmo, a aldea miniatura|esquerda|200px|Espigas de trigo emmer As escavacións puxeron ao descuberto unha pequena aldea que cubría unha extensión de entre 12.000 e 16.000 m², á que as medicións realizadas por carbono-14, asignan datas entre -7090, para as etapas máis antigas, e -4950 para as máis recentes. En total o sitio contiña 12 niveis. Pódese dicir que Jarmo vén ser dos asentamentos neolíticas permanentes máis antigos e, de xeito aproximado, contemporáneo de Xericó ou do horizonte neolítico de Shanidar. A súa fase álxida debeu corresponder a un período entre 6200 e 5800 a. C..

Esta pequena aldea estaba composta dunhas vinte e cinco vivendas, de paredes feitas de adobes, ladrillos de barro secado ao sol, que asentaban sobre alicerces de pedra, cun plano simple e co lar escavado sobre o mesmo chan. Estes habitáculos eran reparados e reconstruídos con frecuencia . Neles vivirían arredor de 150 persoasRobert Braidwood, La Revolución Agrícola, in Biología y cultura: introducción a la Antropología Biológica y Social. Selecciones de Scientific American. Madrid, H. Blume Ediciones, 1979, px. 213. Era por tanto un asentamento permanente.

Nas fases máis antigas predomina a utillaxe de pedra, sílex, seguindo pautas anteriores, e obsidiana. O uso deste último material, que era obtido das proximidades do lago Van, a uns 320 km de distancia, suxire que estaba desenvolvido algún tipo de comercio organizado. No mesmo sentido interprétanse as cunchas decorativas que proceden do Golfo PérsicoRobert Braidwood, op. cit., px. 314. Nos niveis máis antigos tamén se atoparon obxectos de cestería impermeabilizados con betume, material doado de encontrar nas proximidades de Jarmo.

Agricultura e gandería A actividade agrícola está demostrada pola utilización de fouciños de pedra e outras ferramentas, e cuncóns, tamén líticos, para gardar os alimentos colleitados, xuntos con recipientes de mármore tallado. En fases seguintes, recoñécense tamén instrumentos feitos de material óseo, en especial subelas, pero tamén botóns e culleres.

O recurso ao outro tipo de investigacións puxo de manifesto que os moradores de Jarmo plantaban trigo de dous tipos, emmer e einkorn, un tipo de cebada primitiva e mais lentellas (as historias xerais indican sempre a domesticación dos cereais, mais esquecen inventariar os primeiros legumes). A súa dieta, ou a dos seus animais, era aínda completada con especies bravas doutras plantas como chícharos, landras, algarrobas, pistachos e trigo salvaxe; son abundantes tamén as cunchas de caracois. Entre os animais domesticados, os restos mostran que as testemuñas máis antigas corresponden a cabras, ovellas e cansAínda que o can, como animal doméstico, é citado na lista de animais domésticos de Jarmo, Braiwood indica expresamente que non atoparon evidencias de ósos de can entre os restos excavados, pero que o inclúe por apareceren figuriñas deles. Cfr. Braiwood, op. cit., pp. 315-316. Nos niveis superiores das escavacións aparecen xa os porcos, en paralelo ás primeiras evidencias de cerámica.

Cerámica e relixión Aínda que Jarmo é un dos sitios máis antigos con cerámica, o feito de que apareza nos niveis máis recentes das escavacións, obriga a datar estes nos comezos do VIIº milenio. Está feita a man, é simple e con paredes espesas, revocada cun desengraxante vexetal. Aparecen tamén figuriñas de arxila, zoo e antropomorfas, entre as que cómpre destacar a presenza de representacións femininas de mulleres embarazadas, que se teñen posto en relación con divindades da fecundidade precursoras da Gran Deusa Nai das posteriores culturas neolíticas do mesmo Oriente PróximoRobert Braiwood, op. cit., px, 314 ; Luís Pericot e Juan Maluquer de Motes, La humanidad prehistórica. Salvat-Alianza. Madrid 1969, px. 109..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Neolítico

Ligazóns externas R. Braidwood, Letters From The Field, 1950-1951 - Excavations At Jarmo, 1998

Jarmo Jarmo Jarmo