Santa María de Montán é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 31 habitantes (18 homes e 13 mulleres).

Patrimonio A igrexa parroquial de Santa María de Montán é de orixe románica, construída con muros de cachotería, sufriu varias reformas. No interior destaca a grande altura da nave. O acceso conta cun pequeno cabido con cuberta de lousa a tres augas. Conserva un retablo neoclásico con tallas do século XIX.

Documentos do mosteiro de Samos de entre 1058 e 1195 refírense ao lugar como San Miguel de Montán e informan sobre un santuario con reliquias de San Miguel e Santo André (loco sancto isto de Sancti Michaelis et Sancti Andree, quorum reliquie ibidem sunt recondite in villa vocabulo Montan). Montán é, por tanto, a Villa sancti Michaelis que o Códice Calixtino menciona entre Triacastela e Barbadelo, o que confirman os peregrinos posteriores (s. XV) que mencionan un lugar de San Miguel (Sent Michaele, San Michele) situado entre San Xil e Furela. O cambio da advocación de San Miguel pola de Santa María produciuse antes do 1665.

Lugares e parroquias Lugares de Montán

Parroquias de Samos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Samos

Categoría:Parroquias de Samos Categoría:Localidades do Camiño Francés Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María