San Salvador de Castelo de Rei é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 86 habitantes, deles 45 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio A Casa Grande dos Andrade, do século XVIII, con escudo de armas e capela.
A carballa de Froilán, segundo a tradición popular, ao ser oca por dentro empregouse para agochar a carne na guerra contra os franceses e os alimentos en xeral na época do racionamento.
Festas San Salvador, o último domingo de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Castelo de Rei
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Castelo de Rei na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador