Santa Lucía da Alence é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 52 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 26 homes e 26 mulleres. O que supón unha diminución de 10 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 62 habitantes (33 homes e 29 mulleres) e 14 menos que en 2006.
Historia En 1889 o alcalde nogalego Manuel Núñez Saavedra solicitoulle ó bispo de Lugo a creación da parroquia da Alence, cuxos lugares se segregarían da de Torés. Deste xeito a nova parroquia constituíuse finalmente en 1891.
En 1966, co decreto de 20 de xaneiro, o lugar de Meizarán deixou de pertencer á Alence e pasou a formar parte de Lamas do Biduedo, no concello de Triacastela.
Lugares e parroquias Lugares da Alence
Parroquias das Nogais
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares das Nogais
Categoría:Parroquias das Nogais Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Lucía