Xoán Airas ou Johan Airas foi un trobador galego do século XIII.
Traxectoria Procede dunha familia burguesa de Santiago de Compostela, segundo el mesmo manifesta nalgunha das súas composicións. Da súa obra dedúcese que estivo activo na corte de Afonso X e que tamén compuxo en tempos de Sancho IV. Ten algunha composición ambientada na cidade de Santiago de Compostela.
Obra É autor de 81 textos: 21 cantigas de amor, 45 cantigas de amigoRip Cohen. 500 Cantigas d’Amigo, edição crítica/critical edition. Porto: Campo das Letras, 2003, 2 sirventeses morais, 10 cantigas de escarnio e maldicir e 2 tenzóns. Seu estilo literario difire do resto dos compositores de cantigas de amigo, xa que non recorre ao simbolismo típico do xénero, senón que semella buscar unha renovación empregando recursos supostamente autobiográficos e refráns populares da súa época.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Trobadores en galego-portugués