Santa Eufemia da Esculqueira é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 47 habitantes (21 homes e 26 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2008, cando tiña 71 habitantes.

A parroquia limita ao sur con Portugal, coa freguesía de Pinheiro Novo, do concello de Vinhais.

Patrimonio A igrexa parroquial está dedicada á advocación de Santa Eufemia. Na parroquia está o miliario da Xeria, que sinalaba a vía romana entre Chaves e Astorga por Sanabria.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares da Esculqueira

Parroquias da Mezquita

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Mezquita

Categoría:Parroquias da Mezquita Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eufemia