San Tomé de Lourenzá é unha parroquia do concello de Lourenzá na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. Tiña 386 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 178 homes e 208 mulleres. O que supón unha diminución de 91 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 477 habitantes (242 homes e 245 mulleres).

Patrimonio A igrexa parroquial data do século XVI e conta cun retablo barroco do século XVIII, de influencia colonial, e o Monumento de Semana Santa, do mesmo século.

O pazo de Tovar do século XV, de estilo isabelino, é un monumento civil que se levanta sobre o que antano foi o Real Couto de Canedo.

Galería de Imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Tomé de Lourenzá

Parroquias de Lourenzá

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lourenzá

Ligazóns externas As parroquias de Lourenzá na web do concello

Categoría:Parroquias de Lourenzá Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé