A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (DUDL, UDLR polas siglas en inglés) é un documento asinado por UNESCO, o PEN club internacional e por varias organizacións non gobernamentais en 1996 para promover e defender os dereitos lingüísticos, especialmente no caso das linguas ameazadas.

Apoios Esta declaración obtivo o apoio unánime tanto do Congreso dos deputados do Estado español como do Parlamento de Galiza.

Varias personalidades internacionais deron o seu apoio á DUDL, entre eles Nelson Mandela, Noam Chomsky, José Ramos-Horta, Dalai Lama, Desmond Tutu, Adolfo Pérez Esquivel, Josep Carreras, Seamus Heaney, Ngũgĩ wa Thiong'o, Shimon Peres, Judit Mascó, Peter Gabriel ou Joan Oró.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lingua minoritaria Lingua minorizada Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Ligazóns externas Universal Declaration of Linguistic Rights

Categoría:Dereitos humanos Categoría:Sociolingüística