Vitória é unha cidade brasileira, capital do estado do Espírito Santo, e unha das tres illas-capitais do Brasil (as outras son Florianópolis e São Luís do Maranhão). Está localizada na Rexión Sueste. Limita ao norte co municipio da Serra, ao sur con Vila Velha, ao leste co océano Atlántico e ao oeste con Cariacica.

Cunha poboación de 327.801 habitantes, segundo estimacións de 2010 do IBGE, a cidade é a cuarta mais poboada do estado (tralos municipios limítrofes da súa área metropolitana: Vila Velha, Serra e Cariacica) e integra unha área xeográfica de gran nivel de urbanización denominada Rexión Metropolitana da Gran Vitória, formada polos municipios de Vitória, Cariacica, Fundão, Guarapari, Serra, Viana e Vila Velha.

Vitória está cercada pola Baía de Vitória, é unha illa de tipo fluviomariño. Ademais da illa principal, Vitória, fan parte do municipio outras 34 illas (algunhas a máis de 1100 km da costa) e unha porción continental, obtendo un total de 93,381 km². Orixinalmente eran 50 illas.

Entre as capitais do Brasil, Vitória posúe o 3° mellor IDH e o maior PIB per cápita.

Vitória posúe dous grandes portos, o Porto de Vitória e o Porto de Tubarão. Eses portos fan parte do maior complexo portuario do Brasil, que inclúe varios portos do estado, e son considerados os mellores do Brasil.

A cidade administra a Illa de Trindade e a Illa de Martim Vaz, a 1100 km da costa, que son importantes bases meteorolóxicas por causa da súa posición estratéxica, en área de dispersión de masas de aire.

miniatura|esquerda|238px|Vista da cidade de Vitória, capital do Espírito Santo.

Xeografía Relevo O relevo das illas é un prolongamento do continental, de constitución granítica, circundado polo mar e áreas de mangleiral e restinga. O punto máis alto da illa de Vitória, Morro da Fonte Grande, posúe altitude de 308,8 m. Outros puntos elevados son a Pedra dos (Dous) Olhos con 296 m e o Morro de San Benedito con 194 m de altitude.

Clima O clima da cidade é tropical húmido, con temperatura media mensual máxima de 30 °C e mínima de 24 °C, con caídas de choiva máis frecuentes nos meses de outubro a xaneiro.

miniatura|dereita|200px|Palacio Anchieta, sede do goberno do Estado.

Demografía

Economía A economía de Vitória é volta para as actividades do porto, ó comercio activo, á industria, ós servizos e tamén ó turismo. A cidade ten dous portos que están entre os máis importantes do país: O Porto de Vitória e o Porto de Tubarão.

As industrias máis importantes da capital son a Companha Siderúrgica de Tubarão (CST) e a Companhia Vale do Rio Doce (CVRD). O turismo de negocios é o máis frecuente na cidade, xa que o turismo de lecer non é moi explorado.

Véxase tamén

Categoría:Cidades do Espíritu Santo