Aurelio Aguirre Galarraga, nado en Santiago de Compostela o 23 de abril de 1833 e finado na Coruña o 30 de xullo de 1858, foi un poeta galego en lingua castelá.
Traxectoria Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un home comprometido con Galiza e coas clases desfavorecidas, participando como miliciano no levantamento de 1854 e no banquete de Conxo, celebrado o 2 de marzo de 1856. Tiña grande estima entre os seus contemporáneos galegos e desde moi novo mantivo amizade con intelectuais de corte rexionalista, como Eduardo Pondal, Manuel Murguía ou Rosalía de Castro. Precisamente con esta mantivo unha forte relación amigable e literaria e de feito dedicoulle o soneto Improvisación.
Colaborou na Revista Galaica e gozou dunha enorme popularidade e influencia na súa cidade. Murguía, en Los precursores, afirma: Pertencía a aquel grupo de xenios descontentos e túzaros que nas súas vinte primaveras, e sen ver máis campos ca os que rodean a súa cidade, cre coñecer o mundo, ter sufrido grandes desenganos e probado tódalas feles da vida.
Como lle acontecera a máis dun poeta romántico, Aurelio Aguirre morreu moi novo (aos 25 anos de idade) e de forma tráxica. Estaba na Coruña visitando á súa namorada Felisa Taboada, na praia de Santo Amaro lanzouse ao mar e deu coa cabeza contra unha rocha, o que lle causou a morteAfoga na praia de San Amaro Aurelio Aguirre, o amigo de Rosalía. Esta morte tráxica deu pé a que se falara dun suicidio, incluso dun suicidio por un amor imposible con Rosalía de Castro."Un libro pone fin a más de 100 años de la leyenda suicida del autor Aurelio Aguirre", artigo de Mar Mato en Faro de Vigo, 26 de febreiro de 2014 ."El poeta Aurelio Aguirre murió ahogado en la playa de San Amaro en 1858" , artigo en La Voz de Galicia, 22 de abril de 2001 .
Obra miniatura|page=512|Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. El mesmo comezou a publicación da súa obra poética, que se editaría postumamente co título Ensayos poéticos (1856-1858); tamén escribiu un drama e a narración Risas y lágrimas. A súa obra foi escrita en castelán, agás un poema titulado "Un consello", publicado en 1966 por Xosé María Álvarez Blázquez. En 1901 fíxose unha recompilación de parte dos seus poemas co título Poesías selectas, cun prólogo de Leandro de Saralegui Medina.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Precursores Literatura galega do Prerrexurdimento Ligazóns externas
(6/10/2013): ¿Quién fue en realidad Aurelio Aguirre? , Lidia (1/5/2013): "El tesoro inédito de Aguirre", ABC .
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1833 Categoría:Finados en 1858 Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados por afogamento