Ocean's Eleven é un filme estadounidense dirixido por Steven Soderbergh que se estreou no ano 2001. É un remake do filme homónimo de Lewis Milestone rodado en 1960. O guión de Ted Griffin baséase no escrito por Harry Brown e Charles Ledererde para a película de 1960. Brown e Ledererde, á súa vez, basearon o seu guión nunha historia orixinal de George Clayton Johnson e Jack Golden Russell. Estreouse en galego na TVG o 6 de febreiro de 2010.
Ocean's Eleven conta cunha segunda, Ocean's Twelve, e unha terceira parte, Ocean's Thirteen.
Sinopse
Danny Ocean (George Clooney) acaba de saír do cárcere pero xa ten pensado un gran roubo. Vai deixar sen luz a cidade das Vegas para roubar nun dos seus casinos, no que dirixe a parella da que fora a súa esposa. Para perpetrar o roubo inclúe dez dos seus amigos e xuntos forman un grupo de once. Os once mozos de Ocean (Ocean's Eleven).
Personaxes Andy García como Terry Benedict Julia Roberts como Tess Ocean
Ocean's Eleven En orde de recrutamento: George Clooney como Danny Ocean Bernie Mac como Frank Catton Brad Pitt como Rusty Ryan Elliott Gould como Reuben Tishkoff Casey Affleck como Virgil Malloy Scott Caan como Turk Malloy Eddie Jemison como Livingston Dell Don Cheadle como Basher Tarr Shaobo Qin como "The Amazing" Yen Carl Reiner como Saul Bloom Matt Damon como Linus Caldwell
Galardóns e nomeamentos miniatura|Parte do elenco de actores do filme. De esquerda a dereita: Brad Pitt, George Clooney, Matt Damon, Andy Garcia, Julia Roberts, e o director, Steven Soderbergh.|esquerda En Alemaña, a película gañou o Bogey de Ouro. Andy García gañou o ALMA (premios latinos) como mellor actor secundario en cine. David Holmes gañou o premio á mellor música para cinema nos BMI Filme and TV Awards. En Francia, o filme estivo nomeada nos César como mellor película estranxeira. En Inglaterra, Steven Soderbergh estivo nomeado como Mellor director nos Empire (agora, desde 2005, Sony Ericsson Empire) O filme estivo nomeado ó premio que concede a Asociación de críticos na categoría de mellor elenco de actores. En idéntica categoría, a película estivo nomeada pola Sociedade de críticos cinematográficos de Fénix. Do mesmo xeito, Debra Zane estivo nomeada ó premio que concede a Sociedade de Casting de América, na sección de mellor Casting para película de comedia. A banda sonora de David Holmes foi nomeada pola Sociedade de críticos cinematográficos de Fénix. O deseño de produción foi nomeado polo Gremio de Directores de Arte ó premio na Excelencia no deseño de produción: Foron nomeados tanto Philip Messina (deseñador de produción), como Keith P. Cunningham (director artístico) e os seus asistentes Robert Woodruff e Blair Huizingh O vestiario de Jeffrey Kurland foi nomeado ó premio á Excelencia que concede o Gremio de deseñadores de vestiario. Larry Blake e Aaron Glascock estiveron nomeados nos Golden Reel que conceden a sociedade de Editores de Son de Estados Unidos.
Secuelas Ocean's Twelve Ocean's Thirteen
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Web oficial de Ocean's Eleven Ocean's Eleven en Warner Bros Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ocean's Eleven en www.filmaffinity.com Foto carátula Ocean's Eleven en www.culturalianet.com Ocean's Eleven en www.labutaca.net Ocean's Eleven en www.pantalla.info
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Steven Soderbergh Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes sobre xogos de aposta Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego