Emilio Pita Robelo,Membros correspondentes RAG. en ocasións nomeado erroneamente como Emilio Pita Romero ou mesmo Emilio Pita Romelo, máis comunmente coñecido simplemente como Emilio PitaBiblioteca Virtual Galega., nado na Coruña o 15 de outubro de 1907 e finado en Buenos Aires o 7 de decembro de 1981, foi un poeta e musicólogo galego.
Traxectoria Con doce anos de idade emigrou a Buenos Aires. Comezou a traballar nunha casa comercial de Buenos Aires. Integróuse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e foi redactor xefe de Galicia.El Correo Gallego, 14-7-1933, p. 1. Regresou a Galiza en maio de 1933,El Pueblo Gallego, 31-5-1933, p. 8. tomando contacto co Partido Galeguista e co nacionalismo galego. Viviu en Galiza durante os anos 1933 e 1934. Logo marchou de novo e non volveu a visitar a terra natal. miniatura|page=7|Texto de Pita publicado en Alalá en 1935. Pita foi un autodidacta que chegou a posuír unha grande formación literaria e musical.
Na década de trinta comezou a colaborar con publicacións nacionalistas da propia Galiza, escribindo artigos para a revista Nós de Santiago e Yunque de Lugo.
En 1942 publicou Jacobusland, o seu primeiro poemario, con ilustracións de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase dun libro onde sobreasae por riba de todo a traxedia da guerra civil, e no que o poeta pon de manifesto a inxustiza da barbarie e do exilio. Igualmente, apreciamos a nostalxia da Galiza tal e como era antes do conflito bélico. Para algúns autores, Jacobusland constitúe o máis claro antecedente á poesía social.
Outros libros de versos son Cantigas de nenos (1944), Os relembros. As cantigas (1959), O ronsel verdegal (1964) e Serán (1974). En 1963 presentou o poemario Polos camiños do pobo ao premio Rosalía de Castro do Centro Galego de Buenos Aires, libro que sería editado postumamente en 1999. Con motivo da aparición do seu libro Os relembros. As cantigas, en 1959, fíxoselle unha homenaxe nos salóns do Centro Pontevedrés Bonaerense; alí estaban presentes diversas delegacións de centros galegos e interviron para falaren da figura e obra poética de Emilio Pita, Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo.
Compuxo numerosos poemas, algúns dos cales aparecen recollidos no Cancioneiro da loita galega, editado en México en 1943 polo Partido Galeguista. Xunto con Lorenzo Varela e Luís Seoane, é un dos primeiros escritores do social-realismo poético galego.
Alén de poeta e xornalista, o escritor herculino foi tamén musicólogo, o cal influirá de cheo na súa creación en verso, a cal garda unha manifesta relación coa música. De feito, a música e as cántigas valéronlle en máis dun poema para evocar a infancia e o paraíso perdido. O seu amor pola música galega levouno a fundar o cuarteto Ultreya coa finalidade de difundir a música tradicional galega. Con anterioridade participara na dirección artística do coro Lembranzas de Ultreya, fundado en 1932.
Membro correspondente da Real Academia Galega, escribiu a parte dedicada á música e danza da Historia de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo, e foi autor dun traballo sobre música popular galega.
En 1981, Pita rematou os seus días en América do Sur. Non era verdadeiramente un exiliado, posto que se trata dun emigrante. Aínda así, o seu contacto cos exiliados era moi estreito, e colaborou desde o exterior coa causa do galeguismo.
Obras Poesía “ MARCHEIME UNHA SERÁNMarcheime unha serán, nunha dorna de néboa.A pomba nunha man, bulía na ribeira.Soio partía eu. Soia ficaba a Terra.Sobre as roleiras vagas a bágoa dunha estrela. ” Os relembros, 1959. Jacobusland (1942, Bos Aires), ilustrado por Castelao. Cantigas de nenos (1944, Bos Aires). Os relembros. As cantigas (1959, Editorial Citania, Bos Aires). Polos camiños do pobo (1963, reeditado en 1999 por Ediciós do Castro). O ronsel verdegal (1964, Colección Salnés, Editorial Galaxia). Serán (1974, Galaxia). Verbas á mocedade galega. Vieiros de brétema (2005, Espiral Maior).
Literatura infanto-xuvenil Cantiga do mazarico (2010, Espiral Maior).
Obras colectivas Poemas pola memoria (1936-2006, Xunta de Galicia).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Coruña Categoría:Xeración do 36 Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes