miniatura|Estatua de Juan Sebastián Elcano en Getaria.

Juan Sebastián Elcano, tamén escrito Juan Sebastián de Elcano, nado en Getaria, Guipúscoa, entre 1486 e 1487 e finado no océano Pacífico o 4 de agosto de 1526, foi un explorador español que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta.

Circunnavegación Esta comezara en Sevilla o 10 de agosto de 1519 con cinco naves, capitaneada por Fernão de Magalhães. O 20 de setembro partiran de Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) coa intención de atopar o paso marítimo cara aos territorios das Indias Orientais, e buscar o camiño que, percorrendo sempre mares casteláns (segundo o Tratado de Tordesillas), chegase ás illas das especias, o que era a chamada ruta para o oeste, que xa buscara Colón.

Tras a morte de Magalhães en Filipinas en 1521 durante unha escaramuza cos indíxenas, Elcano púxose ao mando. Tiña o problema de volver a España co que quedaba da expedición, sen coñecer o camiño de volta polo Pacífico, e parecía tolemia intentalo, polo que elixiu navegar, case como un pirata, polos mares portugueses cara ao oeste, bordeando África por rutas coñecidas e con posibilidades de facer augadas. Conseguiu levar a termo a expedición, chegando a Sanlúcar de Barrameda o 6 de setembro de 1522 na nao Victoria de noventa toneladasDescubrimientos y Exploraciones. Frank Debenham. Ed. Luis de Caralt. Barcelona, 1960, xunto con outros 17 sobreviventes. Isto constituíu o logro dunha impoñente fazaña: a circunnavegación da Terra.

O rei Carlos I de España, concedeulle como escudo unha esfera do mundo coa lenda en latín: Primus circumdedisti me ("Fuches o primeiro en me circundar").

Morreu cando participaba na expedición de García Jofre de Loaísa ás Illas Molucas.

Na súa honra, o buque escola da Armada Española leva o seu nome.

Sobreviventes da expedición Estes dezaoito homes regresaron a Sanlúcar na Vitoria en 1522 e está o letreiro posto na fachada do concello de Sanlúcar de Barrameda Nome Posto Juan Sebastián Elcano, de Getaria Capitán Francisco Albo, de Axio Piloto Miguel de Rodas Piloto Juan de Acurio, de Bermeo Piloto Antonio Lombardo (Pigafetta), de Vicenza Sobresalinte Martín de Yudícibus, de Savona Mariñeiro Hernando de Bustamante, de Mérida Mariñeiro e barbeiro Nicolás el Griego, de Nápoles Mariñeiro   Miguel Sánchez, de Rodas Mariñeiro Antonio Hernández Colmenero, de Huelva Mariñeiro Francisco Rodriguez, portugués de Sevilla Mariñeiro Juan Rodríguez, de Huelva Mariñeiro Diego Carmena Mariñeiro Hans de Aquisgrán Canoneiro Juan de Arratia, de Bilbao Grumete Vasco Gómez Gallego o Portugués, de Baiona Grumete Juan de Santandrés, de Santander ou de Cueto Grumete Juan de Zubileta, de Barakaldo Paxe

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Juan Sebastián de Elcano (A-71)

Categoría:Exploradores Categoría:Nados en Getaria Categoría:Finados en 1526 Categoría:Navegantes