miniatura|250px|Captura de pantalla dunha xanela da liña de comandos de Microsoft Windows, que mostra unha lista de directorios. En informática, un directorio é unha estrutura de catalogación dun sistema de ficheiros que contén referencias a outros ficheiros do ordenador e posiblemente a outros directorios. En moitos ordenadores, os directorios coñécense como cartafoles ou carpetas, de xeito análogo ao tradicional armario de arquivo de oficina. O nome directorio deriva de libros como unha guía telefónica que enumera os números de teléfono de todas as persoas que viven nunha determinada zona.

Visión xeral Os ficheiros organízanse almacenando ficheiros relacionados no mesmo directorio. Nun sistema de ficheiros xerárquico (é dicir, un no que os ficheiros e directorios están organizados dun xeito que se asemella a unha árbore), un directorio contido dentro doutro directorio chámase subdirectorio. Os termos pai e fillo úsanse a miúdo para describir a relación entre un subdirectorio e o directorio no que está catalogado, sendo este último o pai. O directorio superior dun sistema de ficheiros deste tipo, que non ten un pai propio, chámase directorio raíz (root).

O tipo de medio freedesktop.org para directorios dentro de moitos sistemas tipo Unix, incluíndo, entre outros, sistemas que usan GNOME, KDE Plasma 5 ou ROX Desktop como ambiente de escritorio, é "inode/directory". Este non é un tipo de medio rexistrado na IANA.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Sistemas de ficheiros