Jedidah C. Isler é unha astrofísica estadounidense, educadora e defensora da diversidade nas áreas CTEM. Foi a primeira muller afroamericana en obter un doutoramento en astrofísica na Universidade Yale en 2014. A súa investigación explora a física dos blázares (buratos negros supermasivos hiperactivos) e examina os chorros de materia que emanan deles.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Isler criouse en Niagara Falls, Nova York, e máis tarde en Virginia Beach, Virginia. O seu interese pola astronomía comezou cando tiña 11 ou 12 anos. Usando o telescopio que a súa irmá lle regalou polos seus aniversarios, comezou a observar as estrelas e a estudar activamente co fin de facer unha carreira de ciencias. Pouco antes de irse á universidade, o seu pai abandonou á familia, causando certa incerteza financeira que ameazou con interromper os seus estudos.
Debido a que a súa institución preuniversitaria non ofrecía unha licenciatura en astronomía, decidiu estudar física na Universidade Estatal de Norfolk.Despois de obter a súa licenciatura, Isler continuou os seus estudos e obtivo unha mestría en física na Universidade de Fisk , e posteriormente un mestrado de ciencias en física pola Universidade Yale. Converteuse nunha do tres primeiras estudantes membros do Programa Ponte de Mestrado a Doutoramento Fisk-Vanderbilt, un programa deseñado para aumentar o número de mulleres e minorías subrepresentadas con títulos avanzados STEM. A través deste programa, o estudiantado obtiña un mestrado da Universidade de Fisk e despois ían a Vanderbilt para obter o seu doutoramento. Con todo, Isler decidiu ir a Yale no seu lugar, para obter o seu doutoramento.
Carreira académica En 2014,obtivo o seu doutoramento da Universidade Yale en Astronomía, onde estudou astrofísica, especificamente investigación de blázares. Converteuse na primeira muller afroamericana en recibir un doutoramento en astrofísica en Yale. Nunha entrevista con NPR, lembrou un intercambio cun dos seus compañeiros de clase durante o seu primeiro ano en Yale. "Entón hai pratos por todas partes", lembra. "E de súpeto, [un estudante branco home] na miña clase dáme unha chea dos seus pratos sucios... e di, "Toma, agora ve e fai o que realmente viñeches facer". En 2014, publicou a súa disertación doutoral, que conseguiu o Premio Roger Doxsey á Disertación da Sociedade Astronómica Estadounidense.
Despois de obter o seu doutoramento, completou varias bolsas posdoutorais. De 2013 a 2015, ocupou unha praza de cátedra de reitorado de dous anos na Universidade de Syracuse. En 2014, recibiu a bolsa posdoutoral Future Faculty Leaders no Centro Harvard-Smithsonian de Astrofísica. Posteriormente, en 2015, foille outorgada unha bolsa posdoutoral da Fundación Nacional para a Ciencia en Astronomía e Astrofísica, que apoiou a súa investigación no Departamento de Física e Astronomía da Universidade Vanderbilt.
Promoción das disciplinas CTEM En 2015, fundou VanguardSTEM: Conversacións mulleres de cor nas disciplinas CTEM unha serie web que presenta entrevistas conducidas por ela mesma con mulleres de cor en CTEM, onde abordan temas académicos, o traballo profesional e a cultura académica e profesional, así como eventos da época. Entre as científicas salientables atópanse Brittany Kamai, DeAndrea Salvador e Naia Butler-Craig. A finalidade do seminario web é "crear conversacións entre mulleres de cor emerxentes e consolidadas en CTEM, onde poidamos celebrar e afirmar as nosas identidades e intereses en CTEM nun espazo seguro".
Impartiu dúas populares charlas TED, cada unha con máis de 1,5 millóns de visualizacións ata decembro de 2020. A segunda delas abordaba acuestións de interseccionalidade, especificamente a marxinación das mulleres negras nas industrias e a educación STEM. En 2015, en resposta aos comentarios do presidente do Tribunal Supremo dos Estados Unidos, John Roberts, no caso Fisher v. Universidade de Texas (2016), nos que preguntaba: "Que perspectiva única achega un estudante pertencente a unha minoría social a unha clase de física?", Isler escribiu un artigo de opinión no New York Times titulado "Os 'beneficios' dos estudantes negros de física".
Activismo antirracista En resposta ao asasinato de George Floyd e outros afroamericanos a mans da policía en 2020, Isler axudou a organizar o #ShutDownSTEM Day o 10 de xuño de 2020. O movemento animou a persoal científico a abandonar os seus labores académicos durante un día para dedicarse a formarse en antirracismo, elaborar plans que combatan o racismo nas súas comunidades e apoien os colegas afroamericanos.
Notas
Categoría:Nados no século XX Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Activistas afroamericanos Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América