Semion Skrepetski (en ruso: Семён Скрепецкий; en polacoː Simon Skrepecki ; transliteración internacionalː Semyon Skrepetsky) nado no krai de Altai o 4 de febreiro de 1981 e finado en Biała Podlaska (Polonia) o 15 de xuño de 2026, foi un artista, debuxante e satírico ruso. Traxectoria O seu nome de nacemento era Robert Kukov (en ruso: Роберт Кузовков). Tamén foi coñecido como Robert Burdai ou Skreponosny Buzoter (en ruso: Скрепоносный Бузотёр). Exiliado en Polonia dende 2021, debido á súa oposición ás políticas de Vladimir Putin, era coñecido polas súas caricaturas políticas e a produción de material satírico moi crítico coas autoridades da Federación Rusa. Foi asasinado presuntamente por este motivo o 15 de xuño na cidade onde vivía pouco despois de regresar dunha manifestación diante da embaixada rusa en Berlín. Notas

Véxase tamén Outros artigos Caricatura Charge Crítica política

Categoría:Finados en 2026

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Asasinados Categoría:Artistas de Rusia Categoría:Personalidades sen imaxes