Xosé Luís Pastoriza Rozas, nado en Vigo en 1977, é un escritor, profesor e filósofo galego.
Traxectoria
É licenciado e doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela na que presentou a tese Galeguismo, humanismo e desenvolvemento: o pensamento militante de Xaime Isla Couto, dirixida por Marcelino Agís. Tamén é mestrado en Desenvolvemto Local pola USC. É profesor de Filosofía na Universidade de Santiago no Departamento de Filosofía e Antropoloxía. Participa no grupo de investigación HISPONA Historia política e dos nacionalismos.Ten colaborado nas revistas Grial: revista galega de cultura, Boletín da Real Academia Galega, Nós no mundo: Informe anual sobre a acción exterior de Galicia, Tiempo de Paz, Revista galega de educación, Agora: papeles de filosofía, Encrucillada: Revista galega de pensamento cristián.
É MSc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Traballou en ONGD co técnico na Coordinadora Galega de ONGD e na Fundación Entreculturas. Foi Consultor especializado en política pública de cooperación descentralizada, planificación estratéxica avaliación.
Obras
Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto: filosofía e poesía que producen quilowatts (2025). Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Xuventude. ISBN 978-84-453-5534-3.
Edición
Xaime Isla Couto. Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia (2023). Fundación Isla Couto. Editores: Xosé Luís Pastoriza e Marcelino Agís. Isla, Ramiro (2022). A semente caía en terra propicia, cartas ao meu benquerido irmán Xaime. Fundación Isla Couto. ISBN 978-84-09-46094-6. Edición, estudo introdutorio de Xosé Luís Pastoriza. Limiar de Xosé M. Núñez Seixas
Obras colectivas
A universidade: raíces históricas e desafíos de futuro : homenaxe aos profesores César Raña Dafonte, Ángel González Fernández, Jesús Ríos Vicente e José Antonio Fidalgo Santamariña (2012). Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. ISBN 978-84-453-5084-3 Educar para a cidadadanía global: Experiencias, ferramentas e discursos para o cambio social (2014). Coord. Fundación Isla Couto. ISBN 978-84-617-0610-5. 20 anos de filosofía en camiño (2014). Con Carlo Baliñas e Marcelino Agís. Rubiños 1860. ISBN 978-84-616-9508-9.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1977 Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela