A Cova da Bruxa é un conxunto de petróglifos situado en Serres (Muros).
Descrición
Sitúase a 280 m de altitude, con ampla visión do territorio e nunha zona de monte baixo. É o maior conxunto de gravados da comarca, tanto polo tamaño (18 x 8 m) coma pola súa diversidade. Inclúe representacións figurativas animais (cérvidos, équidos e un cánido) e unha figura humana, ademais de formas esquemáticas e xeométricas como círculos e trazados reticulares.
A escena principal é a situada no panel superior da laxe, cunha manda de cervos perseguida por unha figura humana armada xunto cun can. Algúns dos cérvidos aparecen sexuados e un deles bruando, o que se asocia a ritos de apareamento. É o único petróglifo de Galicia onde aparece un can, e o máis ao norte dos que teñen escenas de caza.
As figuras reticulares poderían ser posteriores ás figuras animais.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Grupo Galaico de Arte Rupestre
Bibliografía
Categoría:Petróglifos de Galicia Categoría:Muros